Categoria "Teresa Barro"

🔍Leia o artigo completo Brexit: a campaña, as repercusións e o futuro

Brexit: a campaña, as repercusións e o futuro

0 comentários 🕔11:00, 04.Jul 2016

A campaña do Brexit A campaña do referendo británico sobre se sair da Unión Europeia ou ficar nela foi levada principalmente polo Partido Conservador, que se dividiu en dous bandos, un partidario de ficar e liderado polo Primeiro Ministro, David Cameron, e outro liderado por figuras de importáncia dentro do partido como Boris Johnson, Michael Gove e Ian Duncan Smith. O Partido Conservador levaba décadas dividido pola metade na cuestión europeia, e seguramente de aquí en

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo A <em>Alicia</em> galega no mundo

A Alicia galega no mundo

0 comentários 🕔12:55, 13.Out 2015

En 2010 comezou nos Estados Unidos un proxecto de facer unha especie de compendio de ¨Alicias¨en todas as linguas do mundo. A todos os tradutores se nos encarregou a tarefa de traducir de volta (back-translate) con exactitude ao inglés tres páxinas, as mesmas todos, e de escreber un pequeno ensaio en inglés sobre a tradución que fixéramos á nosa lingua. A idea de traducir de volta tiña sentido tratándose de Alicia, pois que, aparte da

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>Cartas a Emilia Pardo Bazán</em> (e XXII)

Cartas a Emilia Pardo Bazán (e XXII)

0 comentários 🕔12:30, 10.Set 2015

Benquerida Emilia: Esta carta xa será a última e falaremos do futuro da Galiza. Ti viviches o xurdir dos nacionalismos na Europa e na España e manifestácheste en contra deles, non só porque pensabas que a santa patria era España, senón porque tambén che parecia, e non deixabas de ter algunha razón, que nas ¨nacións¨ divididas e pequenas se repetirían os defeitos e o atraso da nación grande, e pior ainda. Para o nacionalismo romántico do

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>Cartas a Emilia Pardo Bazán</em> (XXI)

Cartas a Emilia Pardo Bazán (XXI)

0 comentários 🕔12:30, 03.Set 2015

Benquerida Emilia: Falemos do potencial e a personalidade da Galiza. Eu vexo á Galiza como unha entidade ou figura espiritual que está ainda sen expresar, en parte porque as circunstancias non lle foron favoráveis e, mui en especial, porque o patriarcado e o tipo de familia que se instituiu nela mantiveron aprisionado o seu espírito. O espírito está vinculado á intelixencia e á criatividade, e tambén á paixón, e iso foi o que o tecido social

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>Cartas a Emilia Pardo Bazán</em> (XX)

Cartas a Emilia Pardo Bazán (XX)

0 comentários 🕔12:30, 27.Ago 2015

Benquerida Emilia: Falemos agora do feminismo. Eu coido que en todas as ¨causas¨, políticas, relixiosas, sociais e de calquer tipo, é mui importante ter sempre claro o principio fundamental no que se basean e o obxectivo que se quer conseguir, e loitar para que ese principio e ese obxectivo non queden afogados en ideoloxias e catecismos que lles torcen o sentido. Non sei, Emilia, se terá habido algunha vez algunha causa no mundo que non teña

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>Cartas a Emilia Pardo Bazán</em> (XIX)

Cartas a Emilia Pardo Bazán (XIX)

0 comentários 🕔12:30, 20.Ago 2015

Benquerida Emilia: Imaxino que nos teus tempos o atraso da Galiza encaixaba no que se vía como o atraso xeral da España e non se lle buscaban outras causas. Nos meus tempos falouse do atraso económico da Galiza e de que os males do país viñan de que estaba colonizado. Eu coido que a causa principal do atraso da Galiza é a familia galega, e que iso é o que de verdade a ¨coloniza¨. Penso que

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>Cartas a Emilia Pardo Bazán</em> (XVIII)

Cartas a Emilia Pardo Bazán (XVIII)

0 comentários 🕔12:30, 13.Ago 2015

Benquerida Emilia: Isto é o que escreveches en De mi tierra: Después del período de esplendor en los siglos XIV y XV, eclípsase la estrella de la gallega literatura, y mudos ya los trovadores en sus blasonados sepulcros, no se alza ninguna voz que a la suya reemplace. La savia nacional se concentra en Aragón y Castilla. Mas a semejanza de esos ríos que se hunden en un punto para reaparecer algunas leguas más lejos, los anales

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>Cartas a Emilia Pardo Bazán</em> (XVII)

Cartas a Emilia Pardo Bazán (XVII)

0 comentários 🕔13:30, 06.Ago 2015

Benquerida Emilia: Tratemos agora a cuestión de se os habitantes da Galiza queren ou non falar a língua galega. A situación nestes momentos é que, non obstante estar recoñecida como língua oficial e ensinarse na escola (e nen nos teus tempos nen na miña mocidade se podía imaxinar tal cousa), non hai indicios de que vaia substituir ao castelán e de que pase a ser a língua predominante e preferida na Galiza. Isto é unha surpresa

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>Cartas a Emilia Pardo Bazán</em> (XVI), por Teresa Barro

Cartas a Emilia Pardo Bazán (XVI), por Teresa Barro

0 comentários 🕔12:00, 30.Jul 2015

Benquerida Emilia: Como no noso país non se sabe muito de relacións entre línguas distintas, tense por seguro que a língua materna é sempre a língua principal dunha pesoa. Esa crenza, de índole patriarcal, leva a graves erros na interpretación do que sucedeu coa língua galega e a que non se admitan os verdadeiros motivos de que esa língua, a pesares de ser a ¨materna¨ da Galiza, perdese frente ao castelán. Os galegos galeguistas e nacionalistas

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>Cartas a Emilia Pardo Bazán</em> (XV)

Cartas a Emilia Pardo Bazán (XV)

0 comentários 🕔12:30, 23.Jul 2015

Benquerida Emilia: Seguindo co asunto da língua galega, isto é o que dis en De mi tierra: Débese la superioridad de Cataluña a varias causas bien patentes, entre las cuales descuellan las filológicas. Por culpa de la malaventuranza política de Galicia, el habla gallega vino a quedarse huérfana de literatura; y la literatura es para las lenguas lima que pule, barniz que abrillanta, mirra que conserva, nardo que perfuma, flor que adorna, savia que hace brotar y

LEIA MAIS