Entrevista audiovisual de Estela Pan ao poeta Daniel Salgado sobre o seu libro de poemas “Ruído de fondo“:
Daniel Salgado García, nado en Monterroso, é un poeta e xornalista galego. Licenciado en Ciencias da Comunicación e doutorado en Filoloxía Galega pola USC. É director de Ariel. Boletín quincenal de cinema en galego editado polo Cineclube Compostela, e colaborador de A Trabe de Ouro, A Nosa Terra, Dorna e Xistral. Tradutor ao galego de Allen Ginsberg. Participou como coautor na curtametraxe documental O río é noso (2004) para protestar contra os encoros do Alto Ulla.
Como poeta gañou en 2001 o Premio de Poesía O Facho; foi accésit do Premio Francisco Añón de Poesía co poemario Do preguizoso costume de estarmos vivos; gañou o Premio de poesía Uxío Novoneyra en 2002 con Sucede; foi finalista do Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño en 2004 co libro Agora qué; e obtivo o Premio Esquío de poesía en 2004 por Días no imperio. Formou parte do grupo Das Kapital, facendo as bases musicais. En 2018 comezou o proxecto musical Vietcong, canda a Alexandre Losada (guitarra) e Luís Garrido (saxofón).
Fotografia de Daniel Salgado por Estela Pan.