Diálogo para unha serea

Diálogo para unha serea

Diálogo para unha serea é un fotopoemario realizado por Xacobe Meléndrez (fotografías) e Inma Doval (poemas), un libro de artista que reúne 31 poemas e outras tantas fotografias, unha creación conxunta a modo de conversa “fotopoética”.

A obra é froito da conexión da linguaxe de dous creadores nun camiño común, un xogo no que se cruzan imaxes e verbas, dialogando para lanzar unha miraxe furtiva á infancia, a esa nenez que esvara e se dilúe no oceano. Unha combinación entre a expresión poética e a fotográfica, coma unha cálida aperta entre duas voces que subxetivan a realidade e reproducen o interior nunha imaxe ou nun verso.

Poemas e fotografias foron creados a modo de breves epístolas diárias, durante o mes de abril de 2010.

A edición consta de 31 exemplares formados por 31 poemas impresos sobre papel Creysse sobre os que se montan 31 fotografías glicée en papel de algodón.

Esperarei a que cedan os xordos canóns do vento,
deitada nunha hamaca,
as vértebras en-voltas na memoria chea,
co corpo cóncavo,
lendo poemas do Al Berto.

Deixarei ao azar
o nome que falta,
ese sorriso que non chega.

No url attribute defined!