Juan Luís Rua: Fábrica de tabacos

Estas fotos foron tomadas en Xuño de 2011 dentro do edificio da Fábrica de Tabacos da Coruña. Foi construído en 1790, de estilo neoclásico, con deseño de Antonio de Mesa y Álvarez, co fin de albergar o Servizo de Correos Marítimo das Colonias. No 1802 pasou a ser Fábrica de Tabacos até o 2002, en que foi pechada a factoría. Trátase dun edificio emblemático pola loita de millares de mulleres cigarreiras polo seus dereitos laborais e a igualdade.
Quero agradecer a colaboración do concelleiro José Nogueira, que permitiu a miña entrada no recinto.

Juan Luís Rua

No url attribute defined!