Onde beben os cervos que amansou o calígrafo

ONDE BEBEN OS CERVOS QUE AMANSOU O CALÍGRAFO é un libro de artista de elaboración totalmente artesanal que ten como vértice de unión a reconstrución dun espazo e dun tempo simbólicos que sitúa o seu referente nas Terras de Celanova (concretamente nas aldeas de Sorga e Quintas). A edición consta de 25 exemplares numerados. Inclúe 5 poemas de Baldo Ramos e cinco gravados de Carlos González Villar, nos que a presenza deses espazos do rural ourensán serven de punto de partida para esculcar nas posibilidades plásticas e literarias destas localizacións, nas que os dous autores teñen parte das súas raiceiras familiares.

CARLOS GONZÁLEZ VILLAR (La Plata – Argentina, 1949). Estudos de Pintura na Facultade de Belas Artes da Universidade Nacional de La Plata e de gravado no obradoiro “Viejo Molino” na mesma cidade. En 1976 instala o seu obradoiro na cidade de Ourense. En 1981 obtén a nacionalidade española. Ten realizado numerosas exposicións individuais e colectivas. A súa obra atópase representada en museos, coleccións públicas e privadas en España e no estranxeiro.

BALDO RAMOS (Celanova-Ourense, 1971). Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, empeza a pintar en 1993 pola necesidade de establecer pontes entre a poesía e a pintura. Autor de 14 libros de poesía, recibiu diferentes premios literarios: Rosalía de Castro, Arcipreste de Hita ou Fiz Vergara Vilariño. Ten elaborado artesanalmente máis de 200 libros de artista de exemplar único, que foron expostos en galerías e feiras de arte contemporánea dende o ano 2002.
No url attribute defined!