Na Palavra Comum queremos oferecer esta homenagem ao enorme músico, artista e ser humano Fran Pérez, Narf. Acreditamos na transformação permanente da realidade, com o que queremos transmitir a nossa imensa alegria por tê-lo conhecido e deixar aqui constância da sua criatividade incessante, que recebemos e convertemos num diálogo cheio de luz e vida, como bem merece. Um abraço enorme, camarada!
Agradecemos enormemente às autoras e autores que permitam reproduzir aqui as suas diferentes obras, ao tempo que constatamos, mais uma vez, a solidez das pontes que tendeu sobre todas as distâncias com o seu talento iluminante…
*
LEANDRO LAMAS
*
SÓNIA SULTUANE
As palavras que te dou
são o que sou
são o que sinto
como me sinto
essas são as minhas palavras:
Eu
(Poema cantado por Narf)
*
AIDA SACO BEIROA
(sobre Zemambiquo, tema de Narf)
*
RAMIRO TORRES
Há uma terra à espera,
um sorrir no obscuro
deste firmamento que
desprega o sonho inicial
nos lábios da noite.
Ardemos no intervalo
entre a lua e o sangue,
arquitectamos astros
sobre o caminho aberto
entre as vértebras desta
linguagem incognoscível,
advindo o tempo à luz,
atravessada a existência
por um relâmpago interior
à musculatura do universo.
*
CRISTINA VEIRA
*
CREMILDO BAHULE
NARF, FELIZ NATAL!
Saudações, amigo Narf. Não me atrevo a perguntar se estás bem de saúde. Seria uma genuína hipocrisia, da minha parte, fazer tal pergunta. Nunca se pergunta alguém que está a levitar se está bem de saúde. Óbvio que estás óptimo, pois te encontras numa dimensão de utilitarismo ancestral que as limitações do Bahule não conhecem. Caminhaste ao encontro do além. Não tenho a dimensão do lugar onde te encontras. Todavia, uma certeza tenho: te encontras, firme, junto da ultra. Confesso: tenho inveja de ti.
Escrevo-te a missiva para te desejar feliz-natal. Será o teu primeiro natal. Acredito que andas ansioso em viver muita coisa nova. A cada dia que passa esfregas as mãos pois cada minuto encontras uma revelação. Imagino o teu nervosismo com a vida que levas no ultra. Deve ser mais hilariante e compensador. Com mais graça do que aquele que sentias antes de subir ao palco. Aquele friozinho do estômago que tiveste quando nos conhecemos na Ciranda, na minha primeira visita a tua terra: Galiza. Tua Galiza, que ficou minha também. Nossa Galiza. Nossa Galiza onde partilhamos: poesia, música e dançamos. Em Rianxo, lembro, nos juntamos à mesa com os amigos da Axóuxere Stream. Repartimos – gosto da palavra «repartir» – sabores e sons que nunca tinha escutado nesta minha finita existência. Surpreendeste-me quando disseste-me que conhecias o meu país: Moçambique. Fiquei de boca aberta e coração cheio de alegria. Que conhecias o nosso património cultural – Timbila – e cantavas em Chope. Não acreditei: um «mulungu» (homem de raça branca) que sabe cantar na minha língua materna. Convenci-me na noite de poesia, na Ciranda-À Volta do Português quando cantaste o clássico da Timbila e da Música Chope: «Rambanani». A partir desse instante deixei cair as minhas armaduras. Depois selamos a nossa amizade. Fizemos planos de musicar um poema meu. Mas […] o destino levou-te para um lugar melhor. Foste para o ultra. [Como te invejo meu amigo]. Ficamos tristes. Mas, é por esse caminho que se alcança um lugar ideal.
Quando vieste a Moçambique, a tua última vez, percorremos a ruas da Unidade 7. Bebemos a nossa 2M. Comemos pão-e-badjia. Subiste os palcos de Maputo com o teu «De Zigala a Zemambiquo» (De Galiza a Mozambique). «De Zigala a Zemambiquo» foi um conceito que uniu, musicalmente, Galiza e Moçambique. Por isso, os meninos – Timbila Muzimba – quando foste ao ultra fizeram uma balada em tua homenagem: «Hatsuti Narife» (foi-se o Narf 1968-2016). Engraçado: Narife (era o teu nome chope). Eras mais chope que galego. Como eu sou mais galego que chope. Na verdade o teu conceito – «De Zigala a Zemambiquo» – é a nossa identidade. A nossa bandeira para sedimentar a nossa irmandade galego-moçambicano.
Vou terminar a carta porque já me caiem lágrimas. Não quero chorar e molhar este pedaço de papel.
Quero que esta carta – de um grande abraço nesta época natalícia – te encontre enquanto preparas um som para agraciar os seus amigos, colegas de profissão e familiares. Intenciono. Quero ajudar-te a ser mais ditoso nesta época do natal. Mas, que doblez minha: ajudar uma pessoa que está no ultra estando eu nesta terra quente e chie ade fel. Contudo, apesar da distância ainda estou ligado a ti. Sei que estás, também, ligado a mim e tua identidade galego-moçambicana.
…para não molhar a carta com lágrimas de saudades, vou terminar com um abraço. Igual ou melhor àquele que tivemos quando nos reencontramos na Unidade 7. Foi um abraço divinal. Amigo Narife (gosto desse nome chope) feliz natal. Infinda em nós a tua alegria natalícia. Para tal eu te desejo: Narf, feliz natal.
*
TRIBUTO A NARF
Tripulação de Zemambiquo: Chen Wa Gune (Timbila/Voz), Celso Mahvaie (Timbila/Voz), Joni Schwalbach (Teclados), Tinoca Zimba (Voz), Lucas Machuca (Percussão/Voz), Osório Mahvaie (Percussão), Xixel Langa (Voz) e Sónia Sultuane (Voz).
*
UXÍA
CARTA A FRAN
Querido Fran: Hai un desexo teu que quero ir cumprindo: escribir, remover por dentro, botar fóra cada sentimento. Ás veces custa mais é sandador e moi necesario…
Hoxe vou contar algunhas das nosas vivencias musicais, as longas xiras onde levamos os nosos soños, unha guitarra e unha pandeireta ao lombo. Pouco mais é preciso se viaxas cunha persoa coma ti, tan rica en motivacións e experiencias. Lixeiros de equipaxe mais ao mesmo tempo cargados das nosas mellores creacións, dispostos a ofrecer o mellor da nosa casa, do que somos e da bagaxe enorme dunha Galiza que sempre veu con nós, a través dos nosos ollos e dos nosos sentimentos. Canda nós tamén viñeron Rosalia, Curros, Craveirinha, Lorca, Castelao ou Novoneyra.
Na nosa primeira viaxe conxunta chegamos a Arxentina co proxecto ‘Atlántic@s’ e alí, en Mar del Plata, desembarcamos como embaixadores da nosa música xunto a Budiño, Isaac Palacín, Sérgio Tannus e Rosa Cedrón. Foron días moi pracenteiros e ás veces complicados. Lembro camiñar ao teu lado á beira dese mar prateado. Creo que aquel primeiro paseo sandador en Mar del Plata foi marcante na miña vida. Nese momento ensináchesme a quitar ferro ás cousas, a non alimentar a ansiedade, a aprender a respirar e a ‘descontraer’ cunha conversa, coa brisa do mar na cara, mirando ao horizonte. E iso non me abandonou durante todo este tempo, mesmo que ás veces teña vontade de saír correndo e saltar ao precipicio do desánimo. Pero é só unha tentación que desboto enseguida. Porque unha das nosas conversas recorrentes era a aceptación do cansazo, si, pero non o desánimo. Non forma parte da nosa mala de ferramentas para vivir. Iso me dicías sempre…
Despois fomos a Bos Aires e o resto da comitiva regresou á Terra. Quedamos ti e mais eu a probar sorte por Chile, Arxentina e Uruguai, a ver que se cocía por alí, a averiguar onde poder encaixar as nosas músicas nun man a man inédito aínda. A química foi inmediata, soubemos que as nosas voces harmonizaban dun xeito único, como unha soa voz. Ensaiamos nos primeiros días que chegamos á cordilleira andina de Chile e alí, com vento fresco, naceron as nosas Baladas. Era a primeira e alí puidemos atopar unha casa, familia, amigos que aínda hoxe teñen as súas portas abertas. Tivemos unha acollida inesperada, moi cálida e amorosa. Nunca usamos estratexias na nosa proposta conxunta, foi xurdindo, foise armando e, o que é máis importante, foi nacendo unha complicidade e unha amizade de quen entende a música de xeito semellante, froito de sementes que veñen polo aire, da música como xeradora de afectos. Nese sentido, ti, Fran Pérez, Narf, es un artista paradigmático, un exemplo de como se tecen redes, de como se establecen vínculos con outras culturas desde o respecto e o coñecemento mutuo, desde unha mirada que vai máis alá dun simple intercambio musical.
Por iso nos chegou tan fondo a túa viaxe musical e vital, porque para min ti representas en ti mesmo a arte do encontro, da conversa musical e do respecto polo outro e a súa cultura, polo noso en conexión co mundo. E todo isto desde a ollada dun autodidacta mais cun rigor nada común, desde a sensibilidade de quen coñece o seu oficio de músico e cun carisma extraordinario tamén.
Sempre tiñas (e tes) as palabras precisas, a curiosidade xusta, a contención e a prudencia que sempre practicaches e da que fixeches gala. E unha paixón sen límites…
Vivías a música como unha festa, sen imposturas nin fusións artificiais, co ímpeto propio da tribo, do canto a contracorrente.
Quen te coñeceu sabe da pegada que deixaba unha conversa intensa contigo, unha tarde ou unha noite onde contar vivencias, do teu interese pola outra persoa, querer saber do seu modo de vida, hábitos e costumes, de ir ao fondo das cousas, non nadar na cómoda superficie, mergullar nos sentimentos e na cultura a través dos lazos de irmandade.
Con Cristian, Verónica, Natalia, Pascuala ou Cristina establecemos un vínculo forte, fomos de Santiago a Valparaíso ou Viña del Mar, lugares todos eles moi especiais onde descubrimos a esencia mesma da Galiza Imaxinaria. No precioso teatro ‘El Ladrón de Bicicletas’ constatamos como eramos quen de deixar voar as nosas palabras e melodías e que penetrasen no corazón dun país ávido de cousas novas, e abofé que a música túa é coma unha rara avis, única, inimitábel, forte e delicada á vez. Coma ti, que tiñas esa mirada indómita, penetrante e adusta ás veces, e a dozura máis conmovedora. Moito me emocionei escoitando escoitando ‘Santiago’ nese outro Santiago de lonxe ou a obra mestra ‘Bos Amores’ de Rosalía coa que todo o mundo vibraba.
Tamén lembro o teu sentido do humor máis agudo e brillante e unha capacidade innata para imitar sotaques latinoamericanos co que riamos moito. Ao mesmo tempo sempre me parecerás un neno que ten a capacidade de sorpresa ante un ritmo novo, un sabor diferente, a descuberta dunha amizade nacendo e medrando, a sensación do primeiro baño no Océano Pacífico xa á noitiña.
Tantas viaxes, tantos aeroportos, trens, buses, coches e estradas reviradas. En Arxentina tivemos o apoio lindo da miña familia alí e o do teu querido amigo Mariano, quen nos brindaron a mellor das acollidas. A noite na Tertulia escoitando tango e cantando as nosas músicas. E Fátima, e Los Guauchos, con quen gravamos un disco e un documental en terras de Herradura, no Norte, á beira do río Paraguay, despois de pasar por Corrientes, no Festival do Chamamé. Aí soubemos que estaban unidos os nosos corazóns de lúa e acordeón, de aturuxo e sapucay.
Desde as nosas indómitas almas viaxeiras soubemos que somos a mesma canción, silvestre como as flores do monte ou cadenciosas como un lento chamamé. No refuxio precioso de Herradura bebemos o sol e a chicharra afirmou o noso encontro entre guitarras, mango, tereré e surubí.
Deixamos voar cantos e risos e o campo uliu a duende, ao son do repenique psicofolkeado da pandeireta e o bombo leguero.
Despois a chuvia sumouse á gran festa e brotou a semente que prantamos ‘allá ité’, de Compostela ao Litoral, de Corrientes a Formosa, de Galicia a Arxentina, entre o Miño e o Paraná.
Tamén en Uruguai, da man de Roberto Varela, que foi un magnífico anfitrión.
En E.E.U.U, de costa a costa, da man de Marina Carracedo, que armou unha xira que merece un capítulo aparte e que contarei detidamente nunha próxima entrega.
Tamén chegamos a cada recuncho do noso país galego, aos institutos, colexios, bares, salas e teatros, festivais e ciclos. As nosas Baladas chegaban co impulso da paixón, co sabor máis noso, na construción dese espazo emocional inacabado e que debemos construír entre tod@s. Entre outras cousas porque a ti tamén cho debemos!
Cando rematou o voso inesquencibel concerto do Principal fomos ata o Riquela, onde moitos dos seus amigos e estaban pinchando música túa, Beatles e algunhas das túas músicas favoritas. Foi caloriño na noite, abofé!
Fran querido, foi lindo sentirte alí mentres ti practicabas o descanso do guerreiro. Despois Cheny, Tinoca e Celso sacaron as mbiras e tocaron outra vez a peza que che dedicaron, e así fomos polas rúas de Compostela en procesión profana ata as Crechas onde aínda se reunía na terraza a última remesa de Womex. Podo asegurarche que ese foi un dos momentos máis máxicos do Womex, sen dúbida e, unha vez máis, foi protagonizado polos xamáns africanos e por ti na inspiración.
Hoxe lembreite ao fío do acontecer mundial, en como podería ser posíbel outro mundo máis humano e verdadeiro. Quizais, como ben dis sempre, mirando ao Sul, pensando que temos que voltar ás barricadas desde a cultura, desde a música, a arte, a poesía. Temos que recuperar urxentemente ese espírito, ese ánimo que ti nos contaxiaches. Anda todo quisqui desorientado e triste e ti non estás, ou máis ben o inundas todo, cada rúa de Compostela, cada minuto nas tardes de solpor deste outono cálido e do solsticio de inverno que presides no seu comezo. Neste Nadal de luces e sombras.
Mais, ben pensado, como dicía Leonard Cohen, voaches libre como un paxariño…
Like a bird on the wire
like a drunk in a midnight choir
I have tried in my way to be free.
Como ben dicías, quen sabe cantar a tristeza, sabe captar a esencia da alegría, que é revolucionaria, e a danza tribal tamén, reparadora e vital, xa ti o sabes, compi, como nesa viaxe ‘De Zigala a Zemambiquo’ que quedará gravada a lume nas nosas retinas e nos nosos corazóns. Estreei xa o caderno lindo que me regalaches e vou escribindo algunhas notas, poemas, pensamentos… Canto me presta a túa amizade para poñer as ideas en orde e canto a boto de menos.
Sigo aprendendo moito de ti, a diario, nas viaxes, nos vieiros intrincados da vida e na aprendizaxe da morte. ‘Morte’, así se chama este laio e berro que cantei para a película ‘Fráxil equilibrio’ coa música de Zeltia Montes que coñecemos xuntos en Los Angeles. O que son as cousas, mandaches un trevo de catro follas que me acompaña sempre e a forza necesaria para seguir cantando ao sol, como a cigarra, ‘igual que sobreviviente que vuelve de la guerra’. Como a ti che gustaría. A música sempre, sagrada, sandadora, infinita, como catarse, por riba de todas as cousas.
Um beijo e unha aperta fonda desas que nos gustan (á brasileira).
*
You might also like
More from Aida Saco Beiroa
Vencedores no Certame de Narrações Breves Manuel Murguia de Arteijo
Vencedores no Certame de Narrações Breves Manuel Murguia de Arteijo: a) Primeiro premio, ao relato Bochorno, de Charo Pita; b) …
Atmosferas
"Atmosfera" é uma das obras da compositora musical galega Aida Saco Beiroa. Na Palavra Comum encontramos nela um intenso motivo de …