Derradeiro territorio non autónomo en África despois da fin do apartheid en Namibia e a independencia de Eritrea, o Sáhara Occidental viu a súa descolonización aprazada pola potencia colonial española ata a morte do ditador. Pola presión da “Marcha verde”, o acordo de Madrid do 14 de novembro de 1975 puxo fin á presencia española.
A validez de este acordo é posto en dúbida pola Fronte popular pola liberación do Sakiet el- Hamra e do Río do Ouro (Fronte Polisario), que proclama a RASD o 26 de febreiro de 1976. Os enfrontamentos, comezados desde mediados do 1975, son continuos entre as forzas marroquís e as forzas saharauís ata comezos dos anos 90. Marrocos levanta un mur de sable que separa o Sáhara occidental en dúas zonas: unha sobre control marroquí e outra que limita con Alxeria e Mauritania sobre control da Fronte Polisaria.
O dereito de autodeterminación do pobo saharauí foi recoñecido desde 1975 pola Corte Internacional de Xustiza, constatando que non existe ningún tipo de lazo de soberanía entre O Sáhara occidental e Marrocos e Mauritania e que polo tanto non pode anular a aplicación do principio de autodeterminación grazas a expresión libre resultado da vontade da poboación de dito territorio.
A AXNU xa antes da retirada española anunciaba entre 1966 e 1973: “ o principio de autodeterminación e a súa aplicación pode realizarse ante un cadro que garanta aos habitantes do Sáhara occidental sobre dominación española, a expresión libre e auténtica da súa vontade”.
A AXNU demanda a través da resolución 3458 do 10 de decembro de 1975 a organización dun referendo de autodeterminación sobre a supervisión da ONU. Desde entón non modifica a súa posición. En 1985 mediante a resolución 40/50 estima que o affaire do Sáhara occidental é unha cuestión de descolonización a resolverse sobre a base do exercicio do dereito inalienábel á autodeterminación e á independencia. Engadindo en 1999 (resolución 54/78) a idea de que dito referendo ha de estar libre de restricións.
As autoridades marroquís e a Fronte Polisaria rexeitaron inicialmente toda solución fundada sobre un referendo de autodeterminación.
Segundo a Fronte Polisaria a súa calidade de movemento de liberación nacional representativo do pobo saharauí debía subtraerse ó referendo. E así mesmo que despois da proclamación da RASD non tiña sentido e máis sendo admitida pola OUA en 1980 e recoñecida por 76 países desde entón.
En 1988 o secretario xeral da ONU e o representante do presidente da 0UE presentan as súas proposicións. Trátase principalmente da aplicación do cessez-le feu e da organización do polémico referendo coa idea de deixar ao pobo saharauí a elección da súa independencia ou a integración en Marrocos.
Este plan ten tres elementos principais: A identificación dos electores mediante unha Comisión de identificación fundada sobre o censo español do ano 1974. Os non censados con todo poden selos de novo. Por outra parte a designación dun Representante especial do secretario xeral que será responsábel de toda as cuestión relativas ao referendo. E por último a MINURSO, unha organización da ONU.
Este plan foi avalado pola resolución 690 do Consello de Seguridade e a aplicación comeza o 6 de setembro de 1991 (data do cessez-le feu).
A MINURSO está constituída dunha compoñente militar con mandato de vixiar a aplicación do cessez-le feu. Segundo a resolución do referendo deberá vixiar e facer retroceder as tropas marroquinas e ou da Fronte Polisaria. Está composta por 3000 efectivos para o mantemento da paz.
O principal é a dificultade de identificar á poboación saharauí susceptíbel de participar no referendo. As dúas partes aportan criterios diferentes. É de destacar que a orixe tribal e nómade fai difícil a computación. A pesar da conclusión en 1997 dos acordos de Houston a idea de referendo non progresou. A vía de referendo sostida pola comunidade internacional despois da crise, fai que se presente como unha idea errónea. Así a resolución 1282 do 14 de decembro de 1999 desestima o referendo e propón un cadro de autonomía privilexiada.
You might also like
More from Estela Pan Vázquez
Entrevista | Diego Giráldez: “Agora mesmo a soidade é un antídoto”
Diego Giráldez (O Porriño, 1976) leva toda a súa vida profesional vinculado ao xornalismo. Dirixiu distintos xornais e revistas, e …
Entrevista | Xoán Antón Pérez-Lema: Fascismos en Europa
Xoán Antón Pérez-Lema López (A Coruña, 1966). Avogado en exercicio dende 1990, con especial experiencia en Dereito Societario, Concursal, Mercantil …