Xamais esquecerei aqueles veráns
no campo en familia.
Nin as horas de luz, nin o recendo.
Nin aquela alegría entre flores.
Nin as noites de ver polos camiños,
a maxia dos coleópteros.
Vagalumes. Lámpadas marabillosas…
Despregados diante de todos nós
como unha ofrenda.
*
Estou a crer… Bendice
Ti os meus pensamentos.
As miñas ideas
encamiñadas a procurar
camiños xa arados.
Onde todo
pertenza a todos por igual:
o froito, a flor.
E a semente nova.
*
Hoxe escoito o silencio.
O meu silencio.
Con pasos silandeiros achégase a min.
Para, apenas audible, dicir:
As túas palabras soan como música de viola
tocada pola alma.
Espallada nos ventos.
Sostida polo sol.
E polas nubes.
*
A choiva cae fío a fío
enrédase na roca do sol.
E no aire queda.
*
A soidade é azul.
Deserta e solemne
como ás veces é o mar.
Desolada e baleira.
Como ás veces é o ceo.
Collerei nos brazos un acio de mañás
soleadas e ociosas, para te ofrecer.
Un allegro de paxaros
soará en redor.
E un arco de vento traerei, para que nel,
aaaaaaaaaaa xuntos,
remonten os nosos nomes.
Nas augas dos ríos,
nas escumas do mar,
aaaaaaaaaaa tatuado,
o noso amor terá voz.
E cantará.
You might also like
More from Chelo Suárez
O gato de Hilario
Hilario volveu de América máis pobre que marchara. Para disimular a súa frustración, presumía diante dos colegas de ter vivido …
Emulando a Juan Eduardo Cirlot
Recreando ao meu admirado poeta Juan Eduardo Cirlot. Meu pranto Meu pranto é a cruz que me condena, meu pranto vai pola xustiza …