¡Ai, avoa!, ¡que calamidade! Nin te imaxinas o que me aconteceu. Fun por selos para enviarche a tarxeta de Nadal e o estanqueiro empezou con que como éramos pobres só podía venderme os de cinco céntimos, pero que eran moi bonitos, de figuras de flores: tulipáns, margaridas, nonmesquezas… amosoume todo un repertorio vexetal que ata doía os ollos de velo. ¡Ai, avoíña!, despois sacou folios e folios de estampiñas coa lentitude dun oso preguiceiro, deténdose en cada filigrana e ao final preguntoume, “¿cantos queres?”, e eu que te sabía moi lonxe, tan lonxe como as eternidades que feren dende dentro, respondinlle; “os suficientes para chegar dende aquí ata o infinito”, entón cubriu todiño o sobre coas flores e soterrou o teu nome cos teus datos no silencio. Despois marchei coas mans baleiras e faleiche, avoa, como se nada.
You might also like
More from Beatriz Dacosta
Toxomar é unha utopía (e V), por Beatriz Dacosta
TOXOMAR É UNHA UTOPÍA é un conxunto de poemas escritos ao redor dos anos 2001-2002, que ben se podería ter …
Toxomar é unha utopía (IV), por Beatriz Dacosta
TOXOMAR É UNHA UTOPÍA é un conxunto de poemas escritos ao redor dos anos 2001-2002, que ben se podería ter …