O pasado 27 de Marzo presentouse en Bruxelas, no Teatro Flagey a Constitución Europea en verso, traballo de 52 poetas europeos e 70 tradutores, que a partir de máis de 20 linguas contribuíron ás versións definitivas en inglés, francés e neerlandés, linguas de uso común na capital de Europa. Entre os poetas estaba Xavier Queipo, que leu en galego a súa contribución ao texto. Por toda a cidade, como incitación á lectura e como parte do festival literario Passaporta, había enormes paneis que reproducían mensaxes dos escritores, entre eles estes dous de Xavier Queipo, en francés, que estiveron a aínda están expostos polas rúas de Bruxelas. Un escritor galego do mundo, compartindo cancha con Carlos Fuentes e Antonio Gamoneda, con Zoé Valdés e Olivier Roland, con Vila-Matas e Jean Darras. Para que logo digan que o galego non está no mundo.
(Mont des Arts, Bruxelas)
(Con Antonio Gamoneda no Teatro Flagey, Bruxelas)
(La Monaie, Bruxelas)
Nota: os contidos deste post chegaron a nós grazas á cumplicidade do amigo Xavier Alcalá; as fotos son de Adolfo Tomé.
.
You might also like
More from Poesia
Unha antoloxía controvertida, se alguén falase dela
«Hai silencios que son moi significativos, mais eu non podo por máis tempo calar: este ano participei nunha antoloxía de …
Pan de ánimas, de Xoán Abeleira
Pan de ánimas é, no panorama poético actual, un libro sorprendentemente profundo. Comeza por un poema que fala da escrita …