A poesía do Quebec non foi, que saibamos nós, moi traducida ao galego. Que lembremos, só no número 21 de Grial (xullo-agosto-setembro 1968), Xesús Cambre Mariño (un deses nomes que brillaron durante un tempo no noso firmamento e despois non soubemos máis del, como aconteceu con Xesús B. Pena Trapero, Xosé Antón Arxona e tantos outros que sería longo enumerar) traduciu tres poemas de tres poetas quebequeses co título “Pequena amostra da poesía do Canadá francés”. Cambre Mariño traducía un poema de cada autor, tres poetas: Saint-Denys Garneau, talvez o poeta máis importante do Canadá francés na primeira metade do século pasado (morreu novo, aos trinta e un anos, nacera en 1912), Jean-Guy Pilon (1930) e Jacques Brault, nacido en 1933, aínda que por erro Cambre Mariño, ou erro de imprenta, dábao como nacido no 1913. Quen isto asina, pola súa banda, ten traducido algún poema do poeta surrealista quebequés Roland Guiguère que deben andar perdidos polas páxinas de Faro de Vigo e El Progreso.
Nós, hoxe, presentamos trinta poemas de vinte e catro poetas quebequeses do século XX, sen escolmar ningún dos tres traducidos por Cambre Mariño. Algúns deles están felizmente vivos, polo que continúan a escribir e publicar poemas. Quen queira saber máis sobre estes/as poetas, non ten máis que “clicar” enriba do seu nome e serán enviados á wikipedia. Outro día falaremos da riqueza da poesía do Quebec. Por hoxe, só unha mostra de poetas e poemas.
XGG
*
Naves de guerra
O primeiro día púxenme a mirar o que aínda non existía como unha nave de guerra inmóbil sobre un mar morto. Unha única supervivente cantaba incansabelmente, sempre a mesma canción, por medo a perder a voz, a súa pequena voz esvaecida no sol do mediodía. Sobre a mesa había un pequeno quebracabezas terríbel cuxas pezas intentaba furiosamente axuntar. Sabía que habitaría noutra casa. No meu soño, uns corpos remexíanse, cacheábanse ás escuras. Xiraban arredor dun escenario, un escenario fráxil, tan fráxil, no corazón do silencio.
*
A porta é de vidro. O seu vestido de mariñeiro reflíctese apenas como sobre unha imaxe usada. Sobre a mesa, unha tarxeta postal na que está escrito que te amo. Ela percibe de repente a nave e despois a ponte onde durmo medio desmaiada. A emoción do azul infinito, ela pérdese como nun vestido demasiado grande. Obsérvame, nunha doce ignorancia, para ver que me queda dela, o que dela impuxo a vertixe. Co corazón batendo o ronsel.
*
John Coltrane – Dez anos despois da súa morte
Beleza
dunha negrura de sol negro
aaaaaa estourado no ruxido absoluto
aaaaaaaaaaaaaaaaaaa celo de morto
dunha negrura andróxina
aaaaaaaaaaaaa flores sonoras
Onte e mañá
aaaaaa lembro
aaaaaa (Oh como lembro o
aaaaaa meu país que nada lembra)
Lembro moi ben os nosos corpos
aaaaaa de noite
aaaaaa porosos de música e bos
aaaaaa na calor do teu alento
impregnabas o espazo
e as febras das nosas vidas
demiúrgo
aa negro
aaaaaa morto na fronte máis ben dúas veces que non unha
aaaaaa morto na tortura de dicilo todo
aaaaaaaaaaaa nas fronteiras do berro
Amábate aaa ti non o sabías ti non nunca
amábate máis que poema e palabra
aaaaaaaaaaaa herbas mortas
aaaaaaaaaaaa enfronte do torrente dos teus signos
Coltrane-amigo-meu-belo-negativo-da miña foto-branca-neves
aaaaaaaaaaaa miseria de ébano con que Stravinsky facía un concerto
aaaaaaaaaaaa para pequenos burgueses a calcularen as súas
aaaaaaaaaaaa fraccións de culpabilidade na Bolsa do horror
Beleza
aaaaaa deus masacrado
aaaaaa miseria negra sen límites
aaaaaaaaaa como o mar negreiro
Amaba en ti
aaaaaa a esencia mesma do canto
aaaaaa que destrúe os verdugos
Mais o verdugo sobrevive
Deus-negro-América aaaaa docerías amargas
Ti ti a túa bruxaría demasiado breve detida aquí
como se non tiveses nada máis a dicir ti aaa “Love Supreme”
E choro aaaaa Trane
Son o teu blues mesmo que soe coa axuda “Naïma”
coa axuda “África” e nego outra vez
aaaaaaaaaa a pesar do tempo que me engana
a túa morte e a miña morte aaa na túa
Talvez poderei un día escoitar
aaaaaaaaaa o riso agachado
aaaaaaaaaaaa baixo as túas cascadas azuis
para sobrevivir e amarte mellor
prolongarte até o final
*
O tempo cae
(a terra ameázanos
no recanto, cada mediodía,
o mesmo rostro saciado
a seguridade dos desfiles
as charangas
e o furado no corazón de todos os mortos…)
o tempo cae
familias chaparradas pardais
o tempo cae
unha tribo perdida retorna á superficie
fillos das pirámides do sol
ánforas de po millo e peles
acantilados dos mortos
(acantilado como colmea de onde alzan o voo as
almas cebadas de necrófagos
os brancos)
familia estupefacta
o tempo cae
abenaki maia negro de birminghan
almas civís dos meus mortos salvaxes
cólera inhumada no esterco dos cabalos de presa
no coñecemento dos soldados dos santos
nas fragatas armadas
polo desmaio dunha infanta e o
pathos dunha homenaxe ao soldado
descoñecido
o tempo cae
no Mes do Salmón instálanse as
vilas os concellos
os pescadores de cana
as capitais pulidas de man de morto
o tempo cae
galera negreiros
Atahualpa
salvaxes presentes
aniquilados
(cincenta latexa na seda as súas tres comidas o seu príncipe
oh sono tranquilo
planeta redondo onde se apagan as casas
conformes
día a día veña o descanso definitivo)
o tempo cae
os homiños de prehistoria circulan
entre os edificios
na choiva cargada de mísiles
o tempo cae
aaaaaa especie satisfeita
*
As palabras sempre ditas por todos
As palabras,
as palabras, sempre ditas por todos,
e eu, entre os espectros berrábaas sen saber.
Berrábaas a cada muller de imaxes pesadas.
E eu espectro de min mesmo baleiraba formas,
e traballaba cantos de gran rouquén,
e esgotábame en guerras moi antigas,
aaaaaa ritos esquecidos.
As palabras,
as palabras sen tregua berrábaas.
E reptaba familiar das silvas dos países
aaaaaaaaaaaa esnacados onde ninguén se detén,
e reptaba á sombra dunha sombra chea de coitelos,
e reptaba baixo ventos negros máis negros
aaaaaa que a espesura mesma da ausencia,
e reptei na auga atadora que se te semella.
As palabras
As palabras ámote
e non quero morrer lonxe das túas mans
porque morrería dúas veces.
*
Amor delicia e órgano
amor delicia e órgano
descalzo nun xardín de hélices
onte escribía para chegar ao sangue
hoxe escribo amor delicia e órgano
para chegar ao corazón
polo camiño máis tortuoso
nodoso anoado
camiño de pedras furadas
para chegar onde estamos
non moi lonxe
un pouco á esquerda da virtude
á dereita do crime
que nos deixou unha ampla mancha de feruxe
sobre a nosa roupa limpa tendida ao sol
para chegar onde
pregúntome
para chegar ao antiferruxe
amor delicia e órgano
ou para chegar ao corazón simplemente?
simplemente
*
A man do verdugo acaba sempre podrecéndose
Gran man que pesa sobre nós
gran man que esmagou contra o chan
gran man que nos rompe as alas
a gran man de chumbo quente
a gran man de ferro ardente
grandes uñas que nos serran os ósos
grandes uñas que nos abren os ollos
a como ostras
grandes uñas que nos cosen os labios
a grandes uñas de estaño enferruxado
a grandes uñas de esmalte queimado
mais virán os panadizos
panadizos
panadizos
a gran man que sempre nos crava no chan
acabará podrecéndose
as xunturas estourarán como vasos de cristal
as uñas caerán
a gran man podrecerá
e poderemos erguernos para marchar a outra parte.
*
Non temos xa tempo
Perdemos o curso da historia
non temos xa o sentido da vida
esquecemos o obxecto na gabeta
aaaaaa non volveremos xa aquí
antes de que todos se cambie en estrelas
en follas frescas aaaa en camiños claros
cando a nosa lingua sexa sen sombra
entón volveremos de moi lonxe
aaaaaa en traxes de luz
You might also like
More from Poesia
Uma dose de poesia com Isa Corgosinho | Carla Nepomuceno
O Café con Português oferece cinco poemas do livro PANÓPTICOS & GIRASSÓIS da escritora brasileira Isa Corgosinho. «...Para ser capaz …
Poemas a Camões | Recital poético
O Camões - Centro Cultural Português em Vigo apresenta um evento de poesia, com a participação dos poetas portugueses Renato …