[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docid=6832920945340444381" width="300" height="245" wmode="transparent" /]
O pasado día dous desprazámonos de novo á Galería Sargadelos para desfrutar dunha nova edición dos “Martes literarios”, neste caso perante os afinados instrumentos do discurso poético de Suso Pensado. Despois da presentación do amigo Eduardo Estévez, ofreceunos o poeta uns petiscos da tradución que el mesmo fixo sobre unha significativa selección de poemas de Giacomo Leopardi, un peso pesado da poesía europea do todos os tempos. A seguir, estendeunos nas palmas das nosas mans esa poesía de ágora acuática que compón A tarde, sen dúbida un dos poemarios do noso panorama que máis me agradou nos últimos tempos. Parte do gravado naquela sesión é o que ofrecemos acima.
Aproveitamos tamén para anunciar que este martes será o turno de Lucía Aldao na Galería da Rúa Real, 56, ás 20:00 horas. É agradável comprovar como se está a formar un público fiel a estes eventos na nosa cidade, mais foi preciso que unha oferta estábel fose realizada con perseverancia.
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …