[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=6745516833224064383&hl=es" flashvars="" width="320" height="240"/]
Temos o pracer de ofrecer a entrevista que Santiago Auserón nos concedeu apenas unhas horas antes da súa actuación en Compostela coa Original Jazz Orchestra do Taller de Músics de Barcelona, no sábado 20 de outubro.
Agradecidos polo seu interese en ter unhas palabras en primeira instancia para o Blogomillo, foi para nós dun valor incalculábel a atención prestada polo artista durante trinta minutos. Así, unha vez baixado do avión, no vestíbulo do hotel, rodeados da cotidianeidade das conversas imprevisíbeis que se adherían á gravación.
Falamos na entrevista, como poderedes ver, entre moitos outros, deste tema: da importancia de aproveitar a tecnoloxía para elaborar discursos máis desenfadados, discursos que permitan mostrar o traballo artístico sen ocultar as virutas do carpinteiro no cabelo, a graxa do mecánico nas unllas, o cheiro a peixe das vendedoras do mercado… Non se trata de pretender substituír o traballo profesional dos especialistas no audiovisual, imprescindíbel na inmensa maioría dos proxectos, senón de promocionar ao seu lado —e coa súa colaboración— un aproveitamento dos novos medios para a creación de formatos actuais que atendan as novas necesidades comunicativas da comunidade.
Despois do vibrante concerto falamos dun proxecto que hai algún tempo vimos perfilando, e que conta con Auserón como punta de lanza da vangarda na formación artística e a sociedade do coñecemento. Mais até que todos os recursos sexan debidamente confirmados, habedes de permitirnos certa prudencia. Por moito que a emoción non caiba no noso peito.
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …