Onte á noitiña acudín á libraría do bairro para celebrar a iniciativa da Editorial Galaxia e El país de apoiar a divulgación da nosa literatura infantil en compañía dos creadores Xabier Docampo e Xosé Cobas, que na tal tarde de chuvia se ofrecían para asinar o volume do día: De cores e de amores. O proxecto completo implica unha colección de libros publicados por Galaxia que o xornal ofrece por 1 euro para maior proxección da súa edición “Galicia”. Eu fun en representación dos Pelachos e súa nai, pois por moi perto que era o evento o horario e o frío non os permitían abeirarse para saúdar.
Así que aproveitei para sacar a cabeza fóra do tobo, latricar cos amigos e visitar máis unha vez unha libraría que se converteu nunha sorte de luminoso local social dos amigos do papel impreso. E aquí me sobrevén unha definición posíbel de literatura: a maxia duns feixes de papel que non precisan do lume para dar calor á xente.
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …