[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/mExAzJ8t1pE" width="320" height="240" wmode="transparent" /]
O III Encontro de novos escritores da AELG, co epígrafe “Entre dous séculos”, comezou no Pazo de Mariñán coa mesa “Cartografías literarias do novo século”, coordinada por Mª Xesús Nogueira. Sobre o dito por Oriana Méndez, Mario Regueira e Rubén Ruibal tomamos nota do seguinte:
– Oriana Méndez: “Estou cansa da idea do compromiso do escritor novo, pois non só os novos se comprometen”. Máis que xeracións ve inevitábel a formación de “redes de posicionamento común” ante as mesmas circunstancias históricas. Fundamentalmente o que existe como elemento aglutinador é un posicionamento político. “Desde unha parte da crítica valóranse moito as obras formalmente arriscadas”.
– Mario Regueira: “Estamos afectados pola crítica excelente”. Critica o excesivo interese en etiquetar: moitas veces a etiqueta nace antes de que haxa tempo real e prudente para valorar as obras literarias. “Creo que as cousas verdadeiramente interesantes que se levan facendo neste país non as fixeron as chamadas xeracións literarias, senón grupos de persoas que decidiron intervir no sistema en momentos concretos, con independencia da súa idade, o seu estilo literario e tamén da norma ortográfica do galego que escolleron. Dalgunha forma isto representa un ponto intermedio entre o individualismo literario e o compromiso común, un ponto que non sempre está no mesmo lugar, senón que flúe e procura o seu espazo a cada momento”. Advoga pola independencia e máis pola responsabilidade ante a mala situación do sistema. “Temos moito en común con outras literaturas subalternas”, porque a nosa non pode desenvolverse con liberdade. “Estou canso da idea do compromiso do escritor”. Intervén Francisco Castro: Non cre que teñamos unha literatura subalterna senón que posuímos un sistema literario subalterno. “Temos un problema co país”: a xente non ten interese en ler en galego, e non importa que calidade se lle ofreza.
– Rubén Ruibal: Non observa xeracións literarias difiníbeis. Ao tempo, si experiencias comúns, no caso dos seus coetáneos: a escola dos 70, a droga, o paro… Afirma que no teatro moitos críticos non se atreven a facer críticas negativas. E Paco Souto intervén: “A crítica non ten a trascendencia que debería a nivel social. Eu deixei de facer crítica de teatro por enfrontamentos coa xente do teatro.”
Alfredo Ferreiro / Tati Mancebo
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …