En 2010 comezou nos Estados Unidos un proxecto de facer unha especie de compendio de ¨Alicias¨en todas as linguas do mundo. A todos os tradutores se nos encarregou a tarefa de traducir de volta (back-translate) con exactitude ao inglés tres páxinas, as mesmas todos, e de escreber un pequeno ensaio en inglés sobre a tradución que fixéramos á nosa lingua. A idea de traducir de volta tiña sentido tratándose de Alicia, pois que, aparte da dificuldade que supuñan os innumerábeis xogos de palabras, etc., en moitos países e linguas nen sequer hai os animais que saen en Alicia, por exemplo. A
tradución de volta empezou no Twinkle, twinkle, little star, e iso xa apresentou un problema cuase seguro para a maioría dos tradutores, porque non haberá moitos países que teñen unha canción tan coñecida polos cativos todos como esa para os de fala inglesa. De feito, Fernando e eu optamos por facer unha tradución mais literal do texto e non buscar unha canción galega. O proprio título do libro tamén variaría en moitos casos. Na tradución de volta do noso non queda como The Adventures of Alice in
Wonderland senon como The Adventures of Alicia in the Country of Marvels.
O proxecto estaba pensado para culminar este ano, o 2015. Acaba de publicarse a obra, de 1.000 páxina, en tres volumes (Alice in a World of Wonderlands, Oak Knoll Press: 2015), e estes días inaugurouse unha exposición, co mesmo título do libro, en The Grolier Club (Nova Iorque) que estará aberta até o 21 de novembro. Xunto fotos da exposición e o meu ensaio sobre a Alicia galega, que disponibilizo agora para os leitores de Palavra comum.
Ler My Story of the Galician Alice, by Teresa Barro.
You might also like
More from Narrativa
1846 | Um conto inédito de Adriano Espíndola Santos
Conto inédito de Adriano Espíndola Santos: Escritor. Mestre em Direito. Especialista em Revisão de Textos e em Escrita Literária.
À conversa com Fabiana Dapper | Café com Português
Fabiana Dapper acaba de lançar a sua obra intitulada Nos cachos de Luísa, Editora Goiabinha, cujo enredo se centra na …