O certame de canción popular A Coruña Son 2009 abriu as portas o 17 de decembro, mais os fríos natalicios e a falta de forma nos asuntos dixitais dos nosos máis intrépidos grupos musicais fixo que o 2008 pechase sen candidatos. Comezado o ano con folgos novos, despois de recuperar glucosa coas uvas de fin de ano (e se cadra algún zume de tomate), son a día de hoxe 41 os grupos inscritos e 34 as cancións disponíbeis na web de A Coruña Son 2009.
O prazo para concorrer continúa aberto até o 10 de febreiro. Os nomes vencedores virán á luz o día 14. O premio será modelar as súas composicións coa asesoría técnico-artística de Santiago Auserón e participar finalmente no disco da presente edición.
Todo parece indicar que a calidade será polo menos tan alta como a do ano pasado.
As cancións de 2008, xa editadas en disco simple (en breve tamén en digipack) e disponíbeis para descarga na supradita web, son estas:
Tonhito de Poi: Marinheira (Coros: Tonhito de Poi, Javi Manero e Santiago Auserón)
Chámalhe Xis: Canto aquí, canto onde me peta
Mr. Carácter: Xabarín-manía
Pablo Díaz: O moucho
Chus Silva: A lagoa dos soños
O sonoro maxín: A rúa do perigo
Nat: Nunca te quixen
Os John Deers: De que me vale
Iria Pinheiro: Violoncello
Santiago Auserón: A Misteriosa (Versión en galego de Tati Mancebo e Alfredo Ferreiro)
D-Laxe: As túas mans
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …