[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/46z5zu8OnSs" width="425" height="350" wmode="transparent" /] |
Resulta terrorífico confirmar como nas escolas galegas a ideoloxía inoculada aos alumnos asociaba lingua galega, traballo rural e profesións de iletrados. Galego como sinónimo de miseria, ou como estigma dos parias, para sermos claros.
O castelán, pola contra, significaba cultura, ámbito espiritual, futuro laboral e, en definitivo, prestixio social e ben estar económico. Ora ben, destes nenos os que puideron estudaron e pasaron a traballar na cidade ou en diversos ámbitos das administracións públicas e privadas. Este progreso a respecto da súas familias evidentemente produciu que educasen os seus fillos en castelán, precisamente os que hoxe temos na escola. Non hai, pois, desprezo do galego, senón unha praxe que lles gravou a lume que os falares da súa familia eran un obstáculo para se desenvolveren. E todos os pais desexan prover os seus fillos dos mellores recursos. Vía Galicia Confidencial. |
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …