Despois de ler A mala vida fiquei cun regusto a fauvismo. A obra procura o impacto emocional directo mediante un imaxinario que queima tanto desde o lume canto desde a conxelación epidérmica. É imposíbel ficar indiferente, porque mediante unha estética espida que procura a comunicación sen artificio, por veces minimalista, e versos case cargados de ideoloxía dispara directamente e sen ornamentos innecesarios ao centro do noso ser moral. Atopo tamén, no fondo do padal, unha mestura de existencialismo e certo decadentismo psicolóxico que lle confere un bouquet moi orixinal.
Con maravillosa ilustración de capa de Tono Galán, inspirado prólogo de Xoán Abeleira, penetrante prefacio de Uxío Larvós e luminoso epílogo poético de Ramiro Torres.
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …