«Estabamos almorzando e non foi propositado senón in media res, como tantas veces.
-Eu sei que no mundo hai máis mulleres que homes.
-Si, que é certo. Poucas máis pero é verdade, pelacha.
-E sabes como o souben?
-Mmm, dixéroncho no cole?
-Non, pero vexo que no parque sempre hai moitas máis mulleres que homes.
-Tamén é certo pero é por dúas razóns: hai máis homes que mulleres que traballan fóra da casa, e ademais, normalmente aos papás gústalles menos ir ao parque que ás mamás.
-Ah.
-Hoxe é o Día da muller.
-Ah, si? Pero quen o decidiu?
-Creo que os gobernos de moitos países. (agora sei que foi a ONU)
-E cando é o Día do home?
-Que eu saiba non o hai.
-Por que?
-Porque o Día da muller serve para lembrar que hai moitísimas mulleres que viven en situacións peores que as dos homes, con menos dereitos, gañando moito menos polos mesmos traballos…
-Pois iso non pode ser! Temos que estar mellor que os homes! MOITO MELLOR!
-Non, muller, o bo é que todas as persoas teñamos os mesmos dereitos de verdade, pero para iso aínda falta moito.» {Tati Mancebo}
You might also like
More from OLdM
Tati Mancebo falará de ferramentas web no Culturgal
A nosa colaboradora Tati Mancebo proporá aos asistentes un percorrido interactivo através de varias ferramentas web útiles para o profesorado, …
Para o ‘Proxecto Cárcere’ da Coruña no seu 2º aniversario
Texto de apoio do Grupo Surrealista Galego ao Proxecto Cárcere da Coruña, con motivo do seu 2º aniversario. E 76 anos …