Onte escoitei na TVG que os inuítes eran probabelmente a raza máis feliz do mundo. Como entendo que é un despropósito vencellar xenes e felicidade, reinterpretei a afirmación como que os esquimós posuían a cultura que xeraba máis individuos felices. E isto non me deixou máis tranquilo.
Como entendo a cultura como unha construción ideolóxico-técnica que pretende o mellor equilibrio entre as necesidades individuais, as colectivas e os recursos que ofrece o medio (que me desculpen os antropólogos se son demasiado atrevido), quere dicir que unhas culturas son máis eficientes que outras á hora de harmonizar a humanidade e a natureza? Existe a posibilidade de medir algo así? Por que esta aseveración non constitúe a primeira plana de todos os xornais? Que pode haber máis importante que analisar cuestións como esta?
Só a mera hipótese de que a cultura pode ser a ferramenta principal para atinxir a felicidade fai que o exterminio de calquera das existentes se revele como o máis insensato dos crimes contra a Humanidade.
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …