[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/LUZUfalgzg8" width="320" height="240" wmode="transparent" /]
O 11 de outubro, día triste para o mundo das letras galegas, estabamos de libresca celebración no bairro do Castrillón da Coruña: reabría, despois dunha reforma que a sitúa na máis elegante e práctica modernidade, a biblioteca municipal. Este que hoxe ofrecemos é o vídeo que realizamos através dos seus dous inmensos andares e maravilloso patio interior. O evento foi amenizado polos xenios do mimo e a acrobacia “Pista 4” e polos músicos faiscantes Begoña Rioboo e Xosé Liz, presentado por Isabel Risco e adubado coas palabras de Mercedes Queixas, María Inés Cuadrado, Yolanda Castaño e Xavier Alcalá, entre outros.
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …