Pois hoxe –na miña opinión e no estado español- SI (e polo tanto tamén na nosa nazón, Galiza, xa que se aplica o mesmo modelo). E TODOS os partidos políticos –debemos crer que non é por descoñecemento- que están gobernando nalgún tipo de institucións públicas defenden e aproveitan este modelo para usos e abusos. E a nai desta situación está na existencia do dereito administrativo e do que significa e implica. Segundo Benoit –e podería citar a moitos outros autores- mentres no dereito privado (o que regula as relacións entre particulares) a idea dominante é que os individuos e os seus intereses son tratados con igualdade, no dereito administrativo é a do dereito de desigualdade dentro dun cadro de legalidade. Esta problemática será que iremos vendo ao longo de diferentes artigos.
E non se esqueza, por exemplo, que nos países anglosaxóns non existe o dereito administrativo e carecen de institucións como a xurisdición contencioso-administrativa. O ordenamento xurídico neste ámbito caracterízase pola inexistencia de regras especiais diversas das que rexen as relacións entre particulares, pola ausencia duns tribunais distintos dos ordinarios, pola imposibilidade de que a administración formule conflitos aos xuíces, etc. Neste sistema o imperio da lei –rule of law– vén definido polas notas da absoluta primacía do dereito común como oposto á existencia de poderes arbitrarios, de prerrogativas e de facultades discrecionais nas autoridades administrativas. Nel os expropiados –tal e como ocorre por exemplo cos afectados pola autovía de entrada a Lugo por Nadela- non estarían sen cobrar o prezo das terras que se ocuparon xa que antes de facer as obras terían que pagarlles os terreos.
Como din os protagonistas da miña novela Fugaz coincidencia:
-Vale, vale, hoxe resignación pero non te libras, outro dia terás que cantar… Non peroraches sobre outros temas?
-Si, claro. Non todo foi descarrilar cara a despropósitos… Tamén falei, por exemplo, da corrupción política. Como-ACABAR-CON-ELA…? Eu teño algunhas fórmulas que creo que son infalibles:
1ª.- Que CALQUERA concelleiro en CALQUERA momento poida examinar CALQUERA expediente administrativo. E o mesmo digo para os deputados provinciais, deputados autonómicos… Que todos eses representantes dos cidadáns poidan só con presentar a súa credencial ver o que queiran, que lle terá que ser posto a disposición polo funcionario responsable do expediente. Non se esqueza que NINGUÉN é honrado por definición, pero como a HONRADEZ inda vende nas eleccións, TODOS andarán con pés de chumbo para que non os collan coa man na masa da corrupción.
2|.- CONTRATACIÓN PÚBLICA: Que toda adxudicación se faga polo sistema da SUBHASTA, isto é, que o contrato se asine con aquel contratista que faga a mellor oferta económica e de xeito automático, sen intervención dos políticos. O mellor prezo como único criterio. Impide “trapicheos”… E que ninguén me veña coa “coña” de que ese sistema é moi complicado, lento, e non sei que máis… O de lento ten doada solución: acurtar prazos e xa está.
3|.- ELECCIÓNS: LISTAS ABERTAS, mandatos de cinco anos e imposibilidade de que ninguén poida repetir máís de dous mandatos.
-Érache boa! Unha tese ben pavera esa… moi agudo!
-Unha modesta e humilde aportación.
-Que busca uns minutos de gloria.
-Nada de mitomanías…
-Tópicos e estereotipos que están nestes días moi de moda.
-Afías os dentes para trabar…
Pois ben, algunha destas medidas -que semellan do máis elemental e que deberían estar implantadas e respectadas-, non se aplican no actual modelo e a causa, como xa dixen antes, é a existencia do dereito administrativo, que nin é necesario nin nestes momentos a mellor alternativa.