Son catro poetisas (con toda a honra o digo, pois non serei eu quen lles tirar o sexo) que encarnan a poesía máis recente con sólidos argumentos. Berta Dávila, poeta e narradora loureada como poucas. Susana Sánchez, escritora com uma língua literária extremamente poderosa, povoada de imagens apanhadas no abismo, versos de aço, brilhantes, polidos e firmes. Diana Varela co pragmatismo da deusa cazadora perscruta na floresta da vida as pegadas do esencial, capta o seu recendo, asinala as pegadas emotivas, ouve o frémito dos corazóns que procuran un lugar para a paz, aquela en que só o poema describe o mundo. Dores Tembrás destaca na precisa descrición sentimental, ao punto de distinguir as pequenas partículas de emoción que os ollares comúns non observan, porque sendo tan finas soben como o fume e se desagregan e sementan polo mundo, diminutas calcinacións daquilo que só consumíndose perdura.
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …