Nacer, existir; non abonda. Cómpre non romper o vínculo.
Unhas das cousas da arte rupestre que máis o lembran son a representación da vulva no Abri Cellier ou a Venus da Cova de Chauvet. Deixo que outra xente acredite na tese de calquera chamada á fertilidade -obsesión se cadra anacrónica, esa da fertilidade humana, dunha fertilidade hipoteticamente fráxil.
Falamos dunha vulva nunha cova, ou sexa dunha primitiva mise en abîme. A femia dentro da femia. Duns cantos humanos introducidos nunha angosta galería nunha viaxe vital invertida, na procura da ligazón coa Nai. Semellante mestría anterior á técnica supón bastante máis amor do que sempre se falou. Se a luz se atopa dentro, de onde xorde, podemos intuír que o trazo nace de quen xa coñecera, estivera xa unha vez e non deixou de amar.
You might also like
More from Antropologia
Entrevista ao antropólogo galego Rafael Quintía: “A antropoloxía ten que estar ao servizo da sociedade e baixar ao campo de batalla da vida cotiá”
Rafael Quintía Pereira. (Vigo, 1971). Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, escritor, documentalista e …
Entrevista a Manuel Gago
- Palavra Comum: Que é para ti a cultura, nas suas diversas manifestações? - Manuel Gago: Pois se partimos da definición …