Hoxe ás 20:00 o historiador Anselmo López Carreira dará na Fundación Caixa Galicia da Coruña unha conferencia sobre a desaparición do Reino de Galiza na Historia española. O acto está organizado pola asociación cultural O Facho e insírese no ciclo Economia e História da Galiza.
Poucas cousas me parecen tan interesantes desde que lin El cantar de Mío Cid. Génesis y autoría árabe, de Dolores Oliver, que se cincunscribe precisamente á época de Afonso VI, rei galego do que o Campeador era súbdito en realidade. Unha época en que literatura e política radicaban o prestixio na Corte galega, único poder que con dificultade florece face á inconmensurábel poderío cultural dos musulmanos hispánicos, e da que Anselmo é un prestixioso especialista. Levarei sen dúbida o meu exemplar de O reino medieval de Galicia para que mo asine, unha obra imprescindíbel para min creo que por moito tempo.
Lembremos algunhas verdades case ocultas:
1. O Cantar de Mío Cid, obra magna dos alvores literarios en castellano, é unha versión afastada do tempo que narra. O seu orixinal é árabe, así como o xénero literario que imita.
2. As carxas mozárabes (aquelas que estudamos como jarchas), xénero que se estuda nos programas de literatura española como primeiras manifestacións literarias en romance peninsular, non están escritas en castelán antigo. A maioría están en árabe, e as que están en romance (con grafía árabe) esta aseméllase máis, segundo algúns autores, ao galego medieval do que a calquera outra.
3. A poesía en castellano, propiamente dita, non florece até o século XV, e deixa na altura constancia aínda da forza da tradición galego-portuguesa.
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …