Comezo a dilucidar o que pasa cando a canción de Svreca remata. Despois seguirá habendo techno durante a media hora que estiven no berska da praza de lugo. Dilucidei porque ela colleu a mesma camiseta, a de nirvana e foi aí cando todo apareceu claro na miña mente. O bus parara na praza Pontevedra. Só a 100 metros estaba a tenda. 100 metros. E apareciu el. Estaba de reenganche, un luns, despois do 24 á noite non pisara ainda a casa. Levaba un litro de calimocho que deixou nunha papeleira. Entramos os dous. Non estaba moi abarrotado. Era cedo pola mañá. Vou ir á Praia. Pasar a resaca ao sol. Non quero aparecer así na casa do meu pai. El que non estaba preocupado porque eso era o normal. Sair de festa case unha semana. En datas sinaladas. Collera o comboio para compos. Fixera a rúada independentista e os días seguintes por coruña, polo orzán e na Oh. Quero esa camiseta. Si que mola, si. Olá. E ti por aquí? Veño con ela. Encantada. Igualmente. A ésta gústalle. Estou segura mira como fala con el. Como se fose a única persoa na tenda. Como se fose o único rapaz na cidade Non sei porque estaba ciumosa, porque nunca quixen con el. Só nos levabamos ben. Eu tamén estiven o 24. Que raro non vérmonos. Esta quere con el. Si. Diante da policía todos somos iguais… Onde atopaches esa camisola. Pois nese estante. A tía copioume. Alguén que non sabe ter estilo propio. Copiando camisetas. O independentismo seguro que era tamén unha moda para ela. Non sabería dicir se era skineta con certeza. Pero iso seguro que tamén era unha moda. Comprendín ese día no berska que a xente non ten ideas propias, gustos propios, miradas propias. Saín do berska co meu colega. E non comprei a camiseta.
You might also like
More from Crónicas
XIIº Encontro de Escritores de Língua Portuguesa
Entre os dias 5 e 8 de setembro tive a honra de representar a Galiza em Cabo Verde no XIIº …
Primeira Crónica desde Xai Xai: a chegada
Participação de poetas da Galiza no VII Festival Internacional de Poesia de Xai-Xai, Gaza, Moçambique Primeira Crónica desde Xai Xai: a …