FRANCISCO SOUTO. Coruña, 1962.Os poemas de Francisco Souto constitúen unha aserción do Real. Do xeito de as cousas seren causa da nosa paixón, e das accións que a vida solicita. Acción, reacción e represión son postas baixo clara luz, sen ornamento, para unha reflexión case metafísica ser oficiada a continuación. As cousas son así, portanto así deben ser descritas, conforme a súa natureza tratadas: con dureza, sen aparente sentimento tráxico da vida, asumindo a nosa función de apaixonados axentes capaces de romper a realidade, fráxil, por outro lado, e ao mesmo tempo creala.
Unha certa friaxe na manipulación conceptual dos asuntos mais quentes da vida parece manifestarse nunha sintaxe rota, quebrada, e nun verso usado secamente, como expresión dun eu poético que analiza, situándose lonxe de si, seu humano corazón e as causas que o moven.De As árvores do incestop. 21
Pensar no vendaval
e fazer un poema dos teus ollos
anovada viaxen
ao centro mesmo das marés
a perseguir o corpo en borraxeira
do vento
que abana os argazos milenários
Desde a xanela erguida na distáncia
troco o desexo en estandarte
e fago poemas nos teus ollos
coas palavras luídos da inocencia
Arrécia a morte
nas pombas escartadas dos salseiros
contra o lombo exausto da ria
e eu fago poemas cos teus ollos
para ver-me louco nos espellos
p. 35
Era Abril
un rumor de águas posuindo os corpos
o feble pronóstico da luz querendo habitar as prazas
Era Abril o lume aceso e a casa
Era Abril a serpe
o alacrán inóspito
a intempérie
Abril
era Abril
ferindo-nos os versos
como unha cantiga atraizoada.
p.36
Revoluzón
Veño coas mans feridas dos desígnios
cos que a história se enaltece e perpetua
ceifando o sangue morno
do animal incerto que estremece
o gume apurado en que degolo
a pomba inútil que me crece
Veño das portas dos meus soños
construindo coas pétalas da luita
a rosa ventureira da fraternidade
p.37
Teño un livro de solpores
e un epistolário de medos
Teño seis noites entre os dedos
e un animal ferido nos versos
Calo e o animal enfía as garzas
Fuxo
e o animal en desbandada
Falo
e o animal conquista as prazas
p.38
Veño do fin do mundo
coa cabeza aberta
e as mans cheíñas de paxaros
Veño nas coitelas do solpor
onde o voo dos mascatos
e os corvos anunciadores do trebón
tecen a noite
e na morte
souben
que Mar non era de águas
senón da rosa nosa das tristezas
p.39
Deixa chegar a Morte
Si
que nos abra a carne
cos ferros do medo
que nos devore a boca
a inmensa agonia do siléncio
Si trae-me a palavra
coa cabeza en bandexa de prata
o seu império vencido
a súa altiva ofensa
o seu delírio
si
Trae-me o verme si
O presáxio da terra nos ollos
A metáfora inédita si
O incesto
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …