1
O amor non sabe usar
as persoas do verbo.
Nada do que dixemos funcionou.
Todas aquelas palabras
quedaron penduradas diante nosa
coma os corpos dos negros
nas árbores do Sur.
2.
Eu pérdome entre as rosas.
Do casamento sei unha palabra.
3.
A nosa cita coa morte era tan doce,
era tan doce que se fundía coa vida.
A morte non sufriu. Abandonámola
e aínda falou por nós no campo
de batalla.
4.
“Que o aire volva aos pulmóns
e o mundo aos seus xeonllos
e o corazón ao meu silencio”
5.
O tempo é un paxaro,
unha moeda de ouro que nos manca.
6.
As flores non tardaron en murchar,
pero o seu arrecendo segue vivo.
O lixo enmudeceu e as rosas
foron consagradas
por todo o que sempre haberá
de terra e de sangue dentro nosa.
A foto é de Juan Salgado.
You might also like
More from María do Cebreiro
Vidoiros III
"Vidoiro" é a última obra publicada até agora de Neno Escuro, autor tanto da música como das imagens. Agora, com …
Entrevista a María do Cebreiro arredor de “O Deserto”
Entrevista audiovisual a María do Cebreiro sobre O Deserto, publicado por Apiario.