Despois de argumentos, protestas coordinadas e debates, o “Caso Steiner” parece chegar ao seu fin coas disculpas deste en El País: «Steiner dice: “Como demuestra mi libro Después de Babel soy un apasionado defensor de las lenguas y literaturas minoritarias. Mi comentario irreflexivo fue una respuesta al chovinismo regional que amenaza ahora la unidad de España. Pido mis más sinceras disculpas”».
Chegados a este punto, eu propóñome: a) aceptar as desculpas e facer que non ouvín o resto da argumentación do venerábel e ousado señor; b) asumir que a intervención combinada de A Mesa, a AELG e o Pen Clube, en termos sensatos, respeitosos e contundentes acabou pondo as cousas no sitio; c) alegrarme polo señor Steiner: ás veces un erro leva a atopar un tesouro.
Revisión 22/09/08: celebro o artigo de Xavier Cordal sobre este asunto, sobre todo no que di respeito do monstruoso e próximo pasado, que moitos pensan eficazmente soterrado por unha fina capa de transición política. Eses que ás veces desde Madrid (e máis perto) parecen falar como quen non viviu a opresión franquista, non recoñecendo que o trauma social producido precisará de tratamento psicosocial durante moitas décadas. A democracia exiliada non vai voltar ás mentes dos cidadáns tan só mudando de bandeira: haberá que reeducar as comunidades nun respeito que os intelectuais teñen o deber de promocionar coa maior sensibilidade.
Ao tempo, os comentarios de Luís Fernández en A Nosa Terra (nº 1325) e o artigo de opinión de Elena González no Diario Cultural de hoxe (Radio Galega) ofrecen citacións da obra de George Steiner que dificilmente poderían ser atribuídos a un intelectual de vulto. E que xa non teño vontade de referenciar.
Revisión 23/09/08: resulta moi recomendábel a reflexión de Suso Baleato sobre as similitudes nas actitudes de Steiner e dos responsábeis do Firefox, case coicidentes no tempo, canto valoracións da relevancia da lingua galega na actualidade.
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …