Galicia Confidencial: «”Intento de silenciar voces críticas coa visita papal, trabas e impedimentos á saída de publicacións, ameazas de boicot a medios que publiquen opinións discrepantes, chamamentos á censura, insultos a xornalistas ou non publicación de cartas ao director con opinións críticas”. Estas son algunhas das queixas que remitiron os informadores galegos ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) ao fío da visita do Papa.
Cómpre lembrar que Galicia Confidencial adiantou a desaparición dun artigo crítico co gasto no Papa da web do diario Galicia Hoxe despois da protesta da Igrexa. O seu autor, Fran P. Lorenzo, non volveu a publicar na columna que mantiña hai sete anos. Ademais, a revista Retranca denunciou o seu “secuestro” por parte dunha imprenta. […]»
Galicia Confidencial: «Feministas galegas denuncian ao Papa: O movemento feminista da Coruña e Santiago insiste en que Ratzinger encubriu varios casos de pederastia, polo que piden a súa detención. Modelo de denuncia no interior.
Este 3 de Novembro houbo dúas presentacións masivas de denuncias por parte doutros colectivos e persoas a título individual en Compostel nunha acción coordenada dende Mulheres Transgredindo. Ase,ade na Coruña as femiistas facían o mesmo, coordenadas por Maribolheras Precarias.
A primeira denuncia, presentada segundo este modelo, foi presentada o pasado 26 de outubro ante o Xulgado de Instrucción nº 1 de Santiago de Compostela por Mulheres Transgredindo, un dos colectivos que integra a Rede Feminista Galega.
Mulheres Transgredindo, xa fixera outras accións contra a igrexa católica como o precintado simbólico de varias igrexas e da Catedral de Santiago, xa que, segundo din “o Papa representa á organización que máis dano lle fixo ás mulleres no mundo desde tempos inmemoriais”. Ademais, o colectivo censura“o financiamento da visita con cartos públicos en tempos de crise” e pide “que as administracións devolvan os cartos que financian a visita e que non se aporte nin un euro máis á Igrexa católica”. […]»
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …