– Palavra Comum: Como entendes o processo de criação literária -e artística, em geral-?
– Franck Meyer: Non sei se hai un único xeito de entender o proceso da creación. Pode nacer por motivacións moi diversas e plasmarse en formas ben diferentes. Se cadra o proceso en cuestión é un misterio, porén nada do outro mundo. Dependendo do xénero, supoño que o grao e a necesidade de planificación varían. Cando un texto falla pode haber un problema de planificación, de estrutura, ou de falta de implicación de quen intenta crear algo, é dicir que non quixo “deixar a pel nas palabras”. Para a poesía, desde o meu punto de vista, podo dicir que debe haber unha voz interior, quizais en reacción a un estímulo exterior, e cómpre escoitala. Non sei onde está esa voz, mais raras veces é o produto dunha vontade racional. Sen embargo, non deixo de ser unha persoa cun lado racional, claro. Todo isto parece confuso e non sei se son quen de aclaralo. Moito nace da dúbida, pouco da certeza. Porén, a creación inicia sempre unha comunicación, decote a xeito dunha botella lanzada ao mar.
Aqui podes continuar a ler a entrevista completa.
You might also like
More from Entrevistas
Entrevista | Luís Filipe Sarmento: “A pandemia expôs a arrogância incompetente das lideranças mundiais, a sua hipocrisia e o seu desprezo pela vida humana”
Luís Filipe Sarmento é um escritor de combate, alguém cujo caminho se faz sem cedências paliativas. A sua escrita é …
Entrevista | Sara F. Costa e Poética Não Oficial – Poesia Chinesa Contemporânea: “A poesia deve ser indócil, insubmissa até perante a própria linguagem”
A Revolução Cultural é um manancial sem fim para a poesia chinesa, uma poesia de "cicatriz" como muitos afirmam e …