Esta tarde, cando estabamos de festa na inauguración da nova biblioteca municipal do bairro do Castrillón da Coruña, unha auténtica maravilla de espazos amplos e luz natural, cunha afluencia de público impensábel ao menos para min nun acto cultural sobre o libro, o Xavier Alcalá antes da súa intervención nos mostraba a mensaxe recibida no móvil: o pasamento do poeta Ramiro Fonte. Ante isto, e no contexto da infeliz noticia, a súa intervención foi destinada á lectura de dúas páxinas da recente triloxía As pontes no ceo do poeta da Ferrolterra.
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …