Teu corpo de viola atráeme. Teño sede de ti.
De te tocar…
De arrincar dos teus adentros un suspiro inédito
ata o de agora xamais escoitado por ninguén…
De te ver núa, e despoxada de remorsos.
Pel contra pel.
***
Xaceremos ambos pel contra pel.
Que entre os nosos corpos nin un suspiro escape.
Nin sequera o aire.
Baixo a luz tenue e cómplice da lúa
proclamareite raíña da miña escuridade.
***
Sós ti e máis eu.
Si.
Un leito nos agarda. De perfumadas rosas e azafráns.
Aberta e núa, ofreceraste a min.
Os corpos xa vencidos
abaneándose no ritual da entrega…
Eu, co mastro enarborado,
arrincarei de ti inaudibles xemidos,
pois temes, ao tempo que desexas,
canto ha de vir despois…
***
Seino, entregaraste a min.
Como a lava dun volcán
ha correr dentro de ti o meu seme…
Despois, loba ferida
nun paroxismo extremo
rabuñarasme a pel…
Eu, corresponderei, con berros silenciosos
ao teu ardor sen límites
lambéndote guloso onde xamais soñaches..
E ti farás o mesmo.
Chuchándome, onde nunca soñei…
***
E, ao noso redor, traveso, o vento,
acaneará as pólas recendentes da maceira.
E choverán pétalos brancos ao redor de ti.
A pousar, cunha lentitude deliberada, sobre o teu corpo nu.
Logo, as miñas mans cobizosas, e a un tempo coidadosas,
tomarán posesión da túa vontade. Da túa pel de rosa.
Liberarte hei de todos os teus veos;
do teu pudor de gasa.
E, amándome, caerás baixo o meu peso.
Caerás de costas suspirando…
Caerás vencida, caerás. O mesmo que caen as flores da maceira
baixo o sopro belicoso do vento.
***
Amareite rendido e posesivo.
Os meus brazos de hedra enredarante silandeiros
na azul escuridade.
E, unidos, veremos un novo amencer…
Abríndose de pernas, o día mostrará
o parto silencioso da luz.
E quereremos eternizar ese momento.
***
Ouh! O intenso e aloucado pracer
que nos devora!
… Dende os meus brazos sentirás como respira a noite.
A noite azul.
E a lúa, coa mirada baixa, de xeonllos
porase aos teus pés.
No bosque, os altares do outono vestiranse de luz
e de silencio.
E só se escoitarán
as súas cores.
You might also like
More from Chelo Suárez
O gato de Hilario
Hilario volveu de América máis pobre que marchara. Para disimular a súa frustración, presumía diante dos colegas de ter vivido …
Emulando a Juan Eduardo Cirlot
Recreando ao meu admirado poeta Juan Eduardo Cirlot. Meu pranto Meu pranto é a cruz que me condena, meu pranto vai pola xustiza …