Obras de Dominica Sánchez. Aquí i Ara
Unha artista especial, de longo percorrido, como é Dominica Sánchez presenta agora as súas creacións nun espazo singular, o piso-galería El Principal de Còrsega. Inaugúrase un tempo novo nas relacións entre os diferentes actores e actrices que participan na conformación final dunha obra de arte? Dominica Sánchez. Aquí i ara é unha aposta gañadora. Sònia Villegas é magnífica xestora cultural.
❧
Dominica Sánchez. Ara i aquí. El Principal de Còrsega
D’on surten aquestes formes naturals que la pintora (Dominica Sánchez) organitza amb un tan perfecte equilibri i musicalitat? Potser no totalment de la seva imaginació, perquè hi trobo al·lusions al món natural. Als meus ulls són un seguit de “paisatges interiors” (Maria Lluïsa Borràs, Paisatges íntims i espirituals, 2002).
Xa se ten dito que a arte (as artes, que son moitas) son esas actividades humanas inútiles e, ao tempo, tan necesarias. En tempos convulsos como os que se van sucedendo -mesmo desde 2020 con esa Pandemia que volveu rememorar tempos tan anteriores-, as artes cómpren para vivir. Un capítulo máis desas prioridades vitais é a mostra Dominica Sánchez. Aquí i ara, que é doado visitar nun espazo pouco habitual: a galería de arte-piso privado El Principal de Còrsega. Todo un luxo para disfrutar de deseños, esculturas e pinturas. Dominica Sánchez (Barcelona, 1945) comezou a traballar moi nova, levada pola paixón da creación, pola temeridade de inventarse universos propios. Desde entón as súas obras atópanse por Europa e América, sendo xestionada por galeristas ben afamados. As súas pezas, con trazos fundamentais a por de austeros, falan de madurez, de traballo intimista e artesanal.
Pódese afirmar que Dominica Sánchez é unha artista abstracta? Difícil a resposta. Todo proceso creativo (literario, plástico, por non falar da música) require un esforzo intelectual de abstracción. Un haiku, unha composición musical, son froito de abstraccións. Os puntos de partida e apoio de Sánchez son a natureza, son as figuras humanas. E logo, no proceso creativo, os seus trazos -xa sobre papel, xa sobre liño ou estilizados con pranchas de ferro moldeadas e pintadas- reverten a esa tradición esencial que atopa na abstracción a definición espiritual. A propia artista afirma que se as súas pinturas ou debuxos están definidos verticalmente, cómpre procurar nas liñas, cores e formas a figura humana. Figuras sintetizadas en poucos elementos, formas concisas querenzosas a lecturas zen das realidades. Ou organicidades ascéticas dispostas a ler a natureza nas súas formas máis primarias. Sánchez é dona das certezas creadoras.
Nestes meses de finais de 2024 o Guggenheim Bilbao Museoa programa unha fantástica exposición sobre a singular pintora Hilma Af Klint, que na actualidade (logo dunha recuperación das súas obras) pasa por ser a primeira persoa en elaborar arte abstracto de xeito decidido; antes que o fixesen Kandinsky ou Malévich, por exemplo. Af Klint observou e reproduciu reiteradamente formas naturais (flores, follas), tanto que chegou a ser ilustradora de libros científicos. Andando o tempo foi quen de sintetizar as formas naturais en esquemas abstractos. Abstracción coa que logo traballará para captar esencias espirituais, produto das súas prácticas en asociacións espiritistas.
Dominica Sánchez, pola contra, ten os pés ben chantados na realidade, pero alcanza eses procesos de abstracción que definen a creación experimentada, os intres nos que se transcenden os detalles para “escribir” a sobriedade, para centrar as lecturas no esencial. A obra de Sánchez sabe moverse polas liñas riscadas polo construtivismo ou por o ben sabido Punto e liña sobre o plano. Trátase de traballos complexos dentro da simplicidade de liñas, é polifónica a por de reproducir sobre papel pentagramas de música intimista, de banda sonora primaria. Ver traballar a Sánchez co lapis carbón por riba de papel é presenciar un ritual de caligrafías que abren as portas dun universo moi persoal. As liñas que risca -paralelas, curvas cara o círculo, reiteradas- desbordan esencialidades propias da sabedoría de quen leva moito tempo procurando controlar as claves da expresión artística. Os seus traballos saen da liberdade, como di Maria Lluïsa Borràs, das súas paisatges interiors tanto como da observancia do medio natural; a confianza en si propia, a esperanza na humanidade.
Definir con tal firmeza espazos tan rituais é ilustrar unha autobiografía; a autobiografía dunha artista de gran valía, con traballos que (en pouco tempo) colgarán en centros de arte tan recoñecibles como o Reina Sofía ou o MACBA.
Tal vez a artista Dominica Sánchez podería -mentres procura os segredos da natureza, as esencias do ser humano- riscar para si mesma un haiku no seu “karesansui”:
Plasmar el mundo,
música, formas, jardín.
Certezas vivas.
As obras que agora se poden degustar e compartir nese lugar tal especial, El Principal de Còrsega (Dominica Sánchez. Ara i aquí) veñen sendo creacións moi persoais, nadas de traballos sinceros e metódicos, que se envolven en poéticos trazos para deseñar espazos e formas xurdidos de introspectivas olladas. Son o resultado da traxectoria desta muller artista, loitadora, inconformista co rol que o patriarcado lle podía ter preparado. A biografía dunha corredora de fondo, imparable.
Dominica Sánchez. Ara i aquí
Inspirado en los pisos-galería existentes en París en los años sesenta y setenta, donde tenían lugar encuentros de diferentes tipos y públicos, El Principal de Còrcega tiene como misión crear un espacio íntimo y singular que conecte directamente a los artistas con aquellas personas que valoran el Arte como parte esencial de sus vidas. Promovemos un entorno que favorezca la proximidad y comprensión profunda de las obras, facilitando encuentros e intercambios que enriquecerán tanto a los creadores como a los coleccionistas y amantes de la cultura en general. (Sònia Villegas. El Principal de Córsega).
A mostra da que se está a falar nestas liñas –Dominica Sánchez. Aquí i ara- é o evento co que se inaugura oficialmente un lugar atractivo e singular: El Principal de Còrsega. Trátase, tal e como expón o parágrafo anterior, de recuperar unha vella tradición dentro do mundo da arte, os pisos-galerías de arte. Nestes tempos de globalización, de despersonalización, de mercadeos on-line (nos que semella que se foxe do contacto directo, da información directa entre persoas), este espazo pechado pero aberto, reservado pero solícito, mira de crear dinámicas diferentes no mundo artístico. Propón achegarse ás creacións contemporáneas, ao coleccionismo buscando a proximidade entre os diversos axentes que interveñen na vida artística: contactar os artistas e as súas pezas con aquelas persoas que queiran coñecelas, nun medio privado, por medio dunha invitación ou de cita previa, e coa mediación dunha persoa gran coñecedora de todo o que é a arte contemporánea.
A ideadora e artífice do proxecto El Principal de Còrsega é Sònia Villegas, unha persoa que leva décadas na vangarda da dinamización cultural. A comezos deste século foi Conservadora-Xefe do el Museu Picasso de Barcelona hasta 2009, sendo alí responsable da programación, das colecciones e investigacións. Posteriormente (2018-2023) pasou a ser Coordinadora xeral da Área Artística da Fundació Joan Miró de Barcelona; precisamente dentro desta responsabilidade foi comisaria da excelente exposición Miró-Picasso, unha mostra celebrada, ao tempo, na Fundació Joan Miró e mais no Museo Picasso de Barcelona (2023-2024). agora embárcase nun proxecto persoal e ilusionante, privado nas súas formas e de extensas relacións para as actividades artísticas.
Achegarse a este novo xeito de contactar coas creacións é enriquecedor. O quer ten pensado facer Villegas é programar, principalmente, presentacións de artistas que xa teñan unha longa e acreditada traxectoria artística. Creadores que teñen moito que dicir. Nese piso, neses espazos (rúa Còrsega, 267) do Eixample de Barcelona tamén se farán debates, presentacións, convivios e calquera tipo de actividade que supoña pór en contacto artistas con persoas interesadas na arte e na cultura, con coleccionistas. En definitiva o que sabe facer Sònia Villegas: activismo cultural de primeira man.
«En definitiva, El Principal de Còrsega és un cercle d’amics que compartim la convicció profunda que l’Art és el millor company de viatge de les nostres vides.»
A exposición Dominica Sánchez. Ara i aquí no Principal de Còrsega vén sendo unha proposta dobremente atraente.
❧
EXPOSICIÓN: Dominica Sánchez. Ara i aquí, El Principal de Còrsega. Ata o 30 de marzo de 2025
You might also like
More from Artes
Irving Penn, a fotografía sen ornamentos | Lito Caramés
A Fundación MOP (A Coruña) ten o acerto de presentar unha mostra antolóxica de todos os traballos do gran fotógrafo …
entre espelhos falsos magritteanos e peugadas in-corpóreas de Bete Gouveia | Luís Serguilha
«entre espelhos falsos magritteanos e peugadas in-corpóreas de Bete Gouveia», por Luís Serguilha