1
Pastas ruda e bebes
vi-ño. Arriba cantan
os martelos e as
estrelas
contémplante e rin,
pois non traballan en
ti os timbres da
congoxa!
*
2
Hai ollos fortificados
de partir ouro,
veludos dentes
e forcas sen me-dida.
Pero o teu amor virá
apoiando á miña
morte, e poderei
dicir que por ti fun
feliz a ambos lados
do espello, e non me
fixeron dano nin o
xardín da onda
doente, nin o moído
tremor dos vargos
durante aquel último
paseo.
You might also like
More from Luís Valle
8 poemas de Luís Valle
A MORTE MEDRA en círculos de campá e pranto e esgota na cidade a dozura das pervincas. Unha voz afirma: «Ti xa nunca …
Entrevista | Luís Valle: “A poesía existe para dignificar a vida”
- Palavra Comum: Que é para ti a poesia, e a arte, em geral (fotografia, etc.)? - Luís Valle: A poesía …