Hoxe rematei o curso que co Colexio Calasanz da Coruña proxectamos como iniciación á edición de vídeo. O primeiro día explicamos os conceptos relativos aos xéneros audiovisuais máis comúns e as técnicas básicas á hora de utilizar unha cámara. Na segunda sesión utilizamos os computadores para practicar os recursos esenciais da edición con Movie Maker. Mais, como debe ser, o colexio non promove este curso desconectado de intereses maiores, senón que nace vencellado a un premio de vídeo. Segundo me contaron, os alumnos querían participar solicitaron formación específica, e como estes necesitaban formación o centro destinou recursos para satisfacelos. Unha sinxela fórmula causa-efecto que non sempre é correspondida adecuadamente nos proxectos docentes. E moito menos nos políticos, atrévome a dicir.
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …