Os amigos Catherine François e Santiago Auserón publicaron hoxe no suplemento cultural Babelia unha lúcida recensión sobre o libro El Cantar de Mío Cid: génesis y autoría árabe, obra que pola amabilidade deles e a xenerosidade de Jorge Lirola, da Fundación Ibn Tufayl de Estudios Árabes, chegou á nosas mans hai unhas semanas. Neste libro, segundo a opinión de François e Auserón, a profesora Dolores Oliver sostén moi fundamentadamente que o Cantar “puido ter sido escrito polo poeta e xurista árabe Al Waqqasi, orixinario de Toledo, que axudou Rodrigo Díaz de Vivar a gobernar a cidade de Valencia despois da súa conquista”. Recomendamos a recensión completa e prometemos unhas notas propias sobre o particular cando unha lectura atenta, fortalecida por un repaso histórico-literario da época, nos sexa posíbel.
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …