«Traduzo as que considero as ideas e as conclusións máis relevantes da enquisa pero xa lles adianto que en The Bookseller titulan Librarías en risco entanto se acelera o crecemento dixital.
-O 80% din ter lido algún ebook, en contraste co 7% que deu a mesma resposta nun estudo recente de Forrester.
-O 47% dos consultados tiñan mercado algún ebooken 2010, en comparación co 18% do ano anterior.
-O 85% das editoras din vender libro electrónico mais só o 37% das librarías di facer o mesmo.
-Máis da metade dos editores consideran que en 2020 o libro electrónico suporá un 20% das súas vendas. Só un terzo dos libreiros teñen a mesma opinión.
-Á pregunta sobre quen perde máis co cambio para o dixital, o 92% opina que son os libreiros os que saen peor parados, principalmente pola eliminación de intermediarios que levan a cabo as propias editoras e as grandes cadeas de venda de libros como Amazon.
-O 73% dos consultados pensa que as editoras non están a axudar as librarías suficientemente.
-Case a metade das persoas que responderon a enquisa pensan que o prezo dos ebooks debería ser considerabelmente máis baixo que a edición máis barata en papel para o mesmo título. As editoras pensan maioritariamente que o prezo debería ser o mesmo da edición en papel máis barata, aínda que o modelo axencia tende a elevar estes prezos.
-Cabe esperar que para 2011 o volume de negocio da edición electrónica se vexa multiplicado por catro, debido ao crecemento do catálogo e da variedade e cantidade de dispositivos.»
Vía Tati Mancebo.
You might also like
More from Livro electrónico
“Ensinar literatura”, curso da UDC
O xoves estaremos no Reitorado da USC promovendo un diálogo sobre os recursos dixitais que a literatura xa non pode …
A colección Letras de Cal de balde en PDF
«A colección Letras de Cal acolleu, entre 1997 e 2001, os versos de moitos autores que hoxe están xa plenamente …