– Palavra Comum: Que é para ti a música?
– Xacobe Martínez Antelo: A música é a arte de traballar coa enerxía sonora dende e para a emoción, a comunicación, o intelecto… Penso que é quizais a forma de comunicación profunda máis elaborada e ó mesmo tempo máis universal. Para min o máis maravilloso ademais, e que por sorte, é indómita e infinita, o que fai que se retroalimente e autorrexenere unha e outra vez, ríndose de todxs xs que a queren someter, mercantilizar, industrializar, vulgarizar, sacralizar, xerarquizar, nacionalizar, etc… A música é unha nena libre e sen prexuízos…
– Palavra Comum: Como entendes o processo de criação artística?
– Xacobe Martínez Antelo: Debería ser natural e honesta. Pero non por unha cuestión de principios, nin de ética, senón porque de non ser así, carece de sentido. Se o que fas coa música non ten que ver contigo, non interesa. E máis nestes tempos de inflación artística. Penso que o que fagamos na vida, e tamén nos procesos de creación artística, xa que forman parte natural da nosa existencia, ten que ser NECESARIO.
– Palavra Comum: Qual consideras que é -ou poderia ser- a relação entre a música e outras artes (literatura, teatro, fotografia, etc.)?
– Xacobe Martínez Antelo: Libre e natural. Na nosa teima de racionalizar todo o que se nos poña diante, tendemos a facer compartimentos estancos con todo, e coas disciplinas artísticas tamén. Un neno danza, pinta, canta, esculpe, escribe, fala, cociña, ri, dorme…. E moitas veces todo por xunto… Debiamos mirarnos máis nos nenos e nenas, e menos nos referentes de suposto éxito que nos autoimpoñemos. Á merda con todo. Son libre porque me autoproclamo libre. En liberdade vivo, e en liberdade creo.
– Palavra Comum: Quais são os teus referentes criativos?
– Xacobe Martínez Antelo: Cando alguén me fai vibrar cunha peza, sexa da disciplina que sexa, convértese nun referente para min. Pasan os anos, e hai referentes recorrentes que me acompañan sempre, pero considero que estou en permanente busca da emoción. Sempre que aparece, estou listo.
– Palavra Comum: Que caminhos (estéticos, de comunicação das suas criações à sociedade, etc.) estimas interessantes para @s músic@s e a música (a cultura, em geral) hoje? Quais deles transitas?
– Xacobe Martínez Antelo: Levo anos no DIY (Do it yourself). Isto aplicado a todos os niveis do proceso vital, creativo, industrial, comercial, etc… Fago o que me peta, na medida dos meus recursos. Non dependo de nada do que faga, e dependo de todo o que fago.
Penso que estamos aínda no ollo do furacán dunha revolución que ten que ver co consumo e uso da información que afecta a todo. Cando nos acostumemos a esta nova realidade, veremos que toca. Polo de agora, non considero un cambio de estratexia.
– Palavra Comum: Que vínculos consideras que existem (ou devem existir) entre arte(s) e vida?
– Xacobe Martínez Antelo: Todos. A arte xorde da vida e dá sentido á propia vida. Se unha non pasa pola outra, non interesa. Canto máis honesta sexa a expresión artística máis sentido terá, e canto máis libre sexa, máis libres nos fará. Iso é o que precisa esta especie, agora e sempre.
– Palavra Comum: Que projetos tens e quais gostarias chegar a desenvolver?
– Xacobe Martínez Antelo: Os proxectos veñen e van, pero Sumrrá leva moito tempo presente, e parece que seguirá aí por moito tempo. Agora estamos presentando o noso quinto disco, e con varias portas abertas a distintas propostas novas. Ademais de Sumrrá, sigo con Chanzo, Martelo, Monkillos, Xacobe Martínez Antelo Trío, os Chévere… Non me aburro…
You might also like
More from Entrevistas
Entrevista I edu_ALBO: “A minha arte surge do risco e da valentia”
Conheci edu_ALBO num dos muitos e inebriantes baretos de Monte Alto (Corunha), acabando por terminar esse mesmo dia no seu …
Entrevista | Luís Filipe Sarmento: “A pandemia expôs a arrogância incompetente das lideranças mundiais, a sua hipocrisia e o seu desprezo pela vida humana”
Luís Filipe Sarmento é um escritor de combate, alguém cujo caminho se faz sem cedências paliativas. A sua escrita é …