Entrevista audiovisual de Estela Pan à filosofa e escritora galega Chis Oliveira:
Chis Oliveira, nada en Pontevedra o 25 de maio de 1957, é unha filósofa, profesora e escritora galega. Estudou Filosofía e Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse coa tese A educación afectivo-sexual na adolescencia. Epistemoloxía e didáctica dunha proposta (1997). Exerceu a docencia no Saturnino Montojo de Ferrol, no Val Miñor de Nigrán e no María Soliña de Cangas. Foi Catedrática de Filosofía no Instituto Alexandre Bóveda de Vigo ata a súa xubilación. Foi tamén profesora no Diploma Superior de Saúde Sexual e Reprodutiva da Escola Nacional de Sanidade en Madrid e en Estremadura, no Mestrado de Xénero e Políticas de Igualdade da UViGO e no Mestrado de Xénero da UdC. Colaborou coa Universidade de Córdoba. Nos Centros de Formación do Profesorado foi coordinadora de Seminarios permanentes en Vigo e impartiu moitos cursos de filosofía, didáctica, coeducación, feminismo, sexualidade, transversalidade, multiculturalidade, prevención da violencia, bullying etc…. Na IPPF (International Planned Parenthood Federation) foi representante voluntaria do Estado Español en temas de Dereitos Sexuais en IPPF European Network Regional Council Meeting celebradas en Praga, Oslo, Dublín, Roma, Talín e Luxemburgo.
Formou parte do grupo Enxergo de Didáctica da Filosofía. Foi presidenta da ONG de Dereitos Sexuais Federación de Planificación Familiar de España (1998-2003), da que foi representante internacional. Redactou o “II Plano Municipal para a Igualdade de Oportunidades e de Trato das Mulleres de Vigo”.