Entrevista audiovisual de Estela Pan ao escritor Diego Giráldez:
Diego Giráldez (O Porriño, 1976) leva toda a súa vida profesional vinculado ao xornalismo. Dirixiu distintos xornais e revistas, e colaborou como columnista de opinión en medios como A Nosa Terra, A Peneira e Xoral de Galicia, e, a través de reportaxes culturais, con El País. Na actualidade escribe para o diario dixital Praza Pública e a revista Luzes e dedícase profesionalmente á comunicación corporativa. Licenciado en Historia del Arte, ten varios traballos publicados, que van dende a arquitectura ata a historia económica. Sen renunciar á creación literaria, con vinte anos participou, canda outros autores, no poemario Baldío. Máis tarde, en 2016, saía á luz Galería de saldos, o seu primeiro traballo literario de narrativa. Este libro de relatos valeulle o aplauso unánime de crítica e público, sendo elixido “Autor galego do ano” polo lectorado da revista Fervenzas Literarias. En 2010, gañou o Premio Literario “José Saramago” de relato curto. Ese mesmo ano recibiu na súa localidade de nacemento o Premio Círculo “Cultura”. En 2015, fíxose co primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves “Modesto R. Figueiredo” e un ano despois gañou o prestixioso premio literario “Manuel Murguía”. Foto do autor: © Thomas Harris e Mateo H. Soto.