Entrevista audiovisual à escritora Ledicia Costas.
Ledicia Costas (1979). Nacín nunha tarde de setembro. De pequeña o que máis me gustaba era ler, arrincarlles os cables as bonecas e visitar ceminterios. Estou convencida de que os libros que devorei sendo nena marcaron de forma irremediábel o meu futuro. Por alguna razón que ainda non comprendo estudei dereito. Exercín uns anos como abogada, pero desde fai xa tempo adícome en exclusiva á literatura, cousa que me fai moi feliz. Sigo visitando ceminterios, todos os que podo. Teño centos de fotos en cementerios de todo o mundo. Gústanme as historias de bruxas, pantasmas e mortos. Son unha leitora apaixoada de autores como Augustín Fernandez-Paz, Neil Gaiman, Angela Sommer-Bodenburg, Astrid Lindgren, Philip Pullman. O meu director de cinema favorito é Hayao Miyazaki e a miña serie de referencia é Dragon Ball, basada no manga escrito e ilustrado por Akira Toriyama. A paixóanme as ilustracións de Ana Juan e Nicolete Ceccoli. Non sei cantas historias me quedan por escribir. Espero que varias dúcias. A miña intención é seguir dando o mellor de min en cada libro. Porque as mellores historias son as que se escriben coa cabeza pero sobre todo co corazón.
Foto da autora por Anxo Cabada.
You might also like
More from Entrevistas
Carla Nepomuceno entrevista Adrienne Savazoni | Café com Português
O «Café com Português» e a Palavra Comum trazem uma entrevista com a professora, ambientalista, promotora cultural e poeta brasileira …
Entrevista I edu_ALBO: “A minha arte surge do risco e da valentia”
Conheci edu_ALBO num dos muitos e inebriantes baretos de Monte Alto (Corunha), acabando por terminar esse mesmo dia no seu …