Entrevista audiovisual de Estela Pan ao poeta Manuel López Rodriguez.
Manuel López Rodríguez (Noia 1978) Comezou a escribir con 17 anos. Foi co-fundador do “Grupo Literario Avilés”, da “Tertulia Literaria Adamajuana” da “Asociación Teatral éteatro” e do “Colectivo Literario-artístico Sacou”. Membro tamén da “Asociación Audiovisual Paradiso” e da “Asociación Cívico Cultural Terra de Outes”. Responsábel fundador de “Acha Escrava Editora” e da plataforma artística e literaria “A lanzadeira de Alcor”. Creador da extinta emisora de radio por internet “AnfiteatroGZradio” Como escritor ten no seu haber o “Premio de poesía Concello de Mós”, o “Premio Suso Vaamonde de Poesía”, “Premio IB Rosalía de Castro” , “Virxe do mar”, etc. Ten publicado un libro de poesía; “Antítese nativa”, e participado noutras publicacións de carácter colectivo: “21 poemas por man propia” (Colec. Bourel), ou revistas literarias: “Século XXI”, “Voceiro Treme a Terra, Casa da Gramática, A Caramuxa, etc. Foi un dos poetas que representou a Galiza no “World Poetry Day” organizado polo “Pen Clube”. Na actualidade estuda “Historia da arte” e, alén da poesía, traballa coa fotografía e a pintura. Nos vindeiros meses presentará “Mostra branca” unha exposición itinerante no que mestura pintura, fotografía e textos poéticos. Gústalle definirse como outsider e camiñar polas periferias do verso.
Foto de Manuel Lopez Rodríguez via facebook.
You might also like
More from Entrevistas
Entrevista I edu_ALBO: “A minha arte surge do risco e da valentia”
Conheci edu_ALBO num dos muitos e inebriantes baretos de Monte Alto (Corunha), acabando por terminar esse mesmo dia no seu …
Entrevista | Luís Filipe Sarmento: “A pandemia expôs a arrogância incompetente das lideranças mundiais, a sua hipocrisia e o seu desprezo pela vida humana”
Luís Filipe Sarmento é um escritor de combate, alguém cujo caminho se faz sem cedências paliativas. A sua escrita é …