Entrevista audovisual de Estela Pan a Xoán Antón Pérez-Lema López:
Xoán Antón Pérez-Lema López (A Coruña, 1966). Avogado en exercicio dende 1990, con especial experiencia en Dereito Societario, Concursal, Mercantil e Administrativo. Foi profesor de Sistema Político Galego na Universidade de Vigo (2000-2001) e de Dereito Administrativo na Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados (1995-1999) d’A Coruña e profesor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) a funcionarios de entidades locais (1999-2001). É Licenciado en Dereito e Letrado Asesor de Empresas pola Universidade Pontificia Comillas de Madrid (UPC-ICADE). Cursou estudos de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela (“Dereito Publico Galego e Comunitario Europeo”). Secretario Xeral de Relacións Institucionais da Vicepresidencia da Xunta de Galicia (novembro 2007-abril 2009) e, durante esa tempada e na devandita cualidade Secretario das Comisións Mixta de Transferencias e Bilateral Administración do Estado-Xunta de Galicia. Foi colaborador de La voz de Galicia, Radiovoz, Xornal de Galicia, TVE e TVG. Na actualidade colabora coa Radio Galega e a TVG (*), El correo gallego, revista LUZES (da que fai parte do seu Consello Editorial), ECO e CONTRAPOSICIÓN, os xornais do Grupo Progreso (El Progreso de Lugo, Diario de Pontevedra e Galiciae), SERMOS GALIZA, GALICIA CONFIDENCIAL, PRAZA PÚBLICA, xornais da EDITORIAL LA CAPITAL (El Ideal Gallego e Diarios de Ferrol, Arousa e Bergantiños), MUNDIARIO, ElNacional.cat así como con diversas publicacións locais e comarcais e revistas xurídicas e económicas. Membro fundador do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA), onde desenvolveu o cargo de Vicepresidente e agora o de Secretario Xeral. Secretario Xeral de varias asociacións empresariais e de varios Consellos de Administración de sociedades mercantís. Relator da área da Administración de Xustiza no Foro “Novo Estatuto” (2004-05). Autor de moi variados traballos xornalísticos e xurídicos (entre éstes os últimos sobre Procedemento Administrativo nas Corporacións Locais, estudo comparado da regulación da xustiza nos últimos Estatutos e proxectos de Estatutos autonómicos e sobre a división provincial e a organización territorial de Galicia). Profesor de “Internacionalización da Empresa Galega” no programa “Master en Asesoría Xurídica” do IFFE n’A Coruña de 2010 a 2015. Fundador e actual Secretario Xeral da Asociación de Consumidores e Usuarios de Galicia (ACOUGA).
You might also like
More from Entrevistas
Tocar na palavra de forma viva | Sobre «Câmara de ar», de Hirondina Joshua
Câmara de ar (douda correria, 2023) é o último livro de Hirondina Joshua. Da Palavra Comum tivemos a honra de …
Tono Galán expus na Corunha | Alfredo J. Ferreiro
Tono Galán (A Corunha, 1967) é um artista corunhês muito polifacético que, embora se esteja agora a dedicar fundamentalmente à …