Cesáreo Sánchez: “[…] Non é aceptable que eu non poida mercar un xornal portugués nun quiosco, que as librerías nosas teñan tanto problema para poder ter libros portugueses ou que os galegos non estean nas tendas portuguesas. No Estado español hai temores, que están aí dende a época de Franco, que non favorecen a comunicación de Galicia co Norte de Portugal. […] De integrarse na lusofonía, o galego sería unha das linguas máis faladas do mundo.”
María do Cebreiro: “[…] Agora que as editoriais lles dá por traducir masivamente novela nova, sería moi importante activar tamén unha liña de ensaio científico en lingua galega e mesmo de divulgación científica, pero tamén, postos a traducir, traducir pensamento punteiro para que o galego tamén poida participar do debate intelectual e que non haxa que pasar necesariamente pola importación ou exportación mediatizada de ideas que circulan lonxe de aquí. Hai que romper esa identificación lingua-literatura, porque se estamos falando de normalización social, a lingua ten que vertebrar todos os espazos intelectuais e non só o que ten que ver coa creación e coa cultura. Hai que tender pontes entre o pensamento humanístico e o pensamento científico. Ese espazo está aínda por ocupar nesta sociedade. […]”
Leo F. Campos: “[…] Naceron iniciativas apalpando, eivadas, que despois se abriron e conseguiron beneficiar a un espectro máis grande da sociedade e levou a que se crease unha estrutura de música en directo, por exemplo, como os locais de ensaio, as salas de concertos, as redes de música ao vivo… Creouse una cultura de música en directo que non había, de xente que ía periodicamente e máis que antes a escoitar música en galego. Pradolongo creou uns referentes de prestixio que falan galego, sobre todo entre os meus alumnos. A Crtvg está a facer unha programación dirixida a unha xente que non está normativizada, pero si normalizada. Que se empecen a facer produtos culturais para a xente nova! Aí está o cabalo de batalla, gañar o espazo das cousas divertidas. […]”
Todo o coloquio en Xornal de Galicia.
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …