A Asociación de Escritores en Lingua Galega, como integrante da Federación de Asociacións de Escritores “Galeusca”, da que tamén forman parte a Associació d’Escriptors en Llengua Catalana e a Euskal Idazleen Elkartea (Asociación de Escritores Vascos), emitiu a 11 de xullo un manifesto que pretende saír ao paso do discurso pretendidamente homoxeneizador e centralista que subxace no “Manifiesto por la lengua común”, de Savater e diversos convictos e exconvictos.
Eu tamén adherín tal manifesto, e teño que confesar que me sorprende a escasa reacción até o momento desde o Blogomillo ante unha proposta tan facilmente asumíbel por creadores e defensores da cultura. Algunhas excepcións que atopei son Xesús Manuel Marcos, Marcos Valcárcel, Manuel Bragado, Marta Dacosta e Xosé Manuel Eiré.
A. F.
Revisión 19/07/2008: Acrecentamos á listaxe de adhesións expresas en blogues a de Francisco Castiñeira.
Revisión 20/07/2008: Manuel Bragado (reincidindo), Mario Regueira, Marcos Calveiro, Manuel Lôpez Rodrígues.
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …