– Palavra Comum: Leste Tertúlia após ser publicada em 1985? Que aspectos destacarias da mesma?
– Fina Roca: Lin Tertúlia tan pronto como saíu do prelo e nunca entenderei o porqué de ter que esperar trinta anos para reeditala, habida conta que a primeira e única edición, a de Sotelo Blanco con 3.500 exemplares, se vendeu coma churros, mesmo houbo que facer fotocopias….
A Tertúlia de 1985 consta de dúas partes, unha “real” e outra fabulada ambientada na selva amazónica. Na novela realista, Xoán Castro (heterónimo de Xavier Alcalá), denuncia un mundo literario miserable e corrupto no que mandan as vacas sagradas, que van de progresistas. Ante tanta miseria o propio protagonista dóese de que escribir neste país é un esforzo inútil…
– Palavra Comum: Como valoras a situação, na altura, do sistema literário galego e como a contemplas agora?
– Fina Roca: Entón fora unha auténtica revelación! Castro/Alcalá puxo en evidencia a manipulación de certos Concursos Literarios recén creados en Galicia, o dos Concellos e o de Edicións Totais, facilmente recoñecibles como o Blanco Amor e Edicións Xerais. Quen entón mandaba na cultura cutre dos baixos presupostos, a Real Academia Galega (Irreal na novela) non estaba disposta a repartir prebendas a quen non sabía obedecer, e as grandes editoriais tampouco. Necesitaban escritores submisos e normativizados. Xoán Castro non está polo labor e escribe con varias ortografías diferentes, tanto Academicistas como Reintegracionistas. E non só denuncia ás vacas sagradas do sistema establecido, senón tamén ao nacionalismo inoperante dun país (Impaís), cuxos gobernantes non se diferenciaban moito da cobiza dos buscadores de ouro e pedras preciosas da novela interior…
Agora… As imaxes reflectidas na Tertúlia de 1985 repítense na actualidade ate o infinito porque a corrupción cultural vai sempre unida á política. Non hai nada novo baixo o Sol. O único que varía é a forma de narrar os feitos reais ou imaxinarios no que Xavier Alcalá é mestre entre mestres.
A estupidez e cobiza humanas están servidas baixo o sol coruñés ou ao abrigo do sol brasileiro.
– Palavra Comum: Consideras que ontem e hoje seguem a existir capelinhas que repartem bastões e pequenos poderes?
– Fina Roca: Por suposto! Empregando as palabras do propio autor da Tertúlia de 1985 e da Revisitada: “Ninguén se quere comprometer con quen lanza torpedos á liña de flotación do Sistema cultural establecido”
– Palavra Comum: Qual a eficácia da denúncia e qual a necessidade de actitudes mais equânimes que as descritas nesta obra para o âmbito da cultura?
– Fina Roca: A eficacia da denuncia radica na universalidade da propia novela, aplicable a calquera sistema político o cultural corruptos.
Trinta anos despois dos feitos relatados todo segue igual en Galicia. Por amiguismo publícanse demasiados libros infumables incapaces de ser dixeridos…
You might also like
More from Críticas
Sobre “Estado Demente Comrazão”, de Paulo Fernandes Mirás | Alfredo J. Ferreiro Salgueiro
Estado Demente Comrazão é um livro complicado. É por isso que não está na moda. Parabéns ao seu autor!
O tempo das “Não-Coisas”. E o uso excessivo das redes sociais segundo Byung-Chul Han
"O que há nas coisas: esse é o verdadeiro mistério" Jacques Lacan Agarramos o smartphone, verificamos as notificações do Instagram, do Facebook, …