Perante a Praia de Riazor (A Corunha, Galiza) –pois os ventanais deixaban ver a paisaxe a mediodía– emprázase a banda Freedonia ás 12:30 da mañá no Playa Club. Si, a esas horas tamén se poden escoitar e ver concertos. Todo é posíbel como se de Nova York se tratase, como en Brooklyn, como nalgunha praia urbana desa cidade tamén rodeada de mar.
Os instrumentos de vento foron os protagonistas así como a voz da muller negra que preside a banda. A liberdade tamén se canta a berros de “freedom”, liberdade para a humanidade e os pobos que a compoñen nunha sociedade ideal na que conxugar o individual e o social de forma harmónica. Nunha harmonía penetrada polo canto, polos cánticos nun inventado estado primitivo, época de crucial transcendencia pola existencia de igualdade entre persoas e así mesmo pola existencia dunha solidariedade sui generis. Ese estado que se recolle na escoita, no visual pola posta en escena na que os músicos se enfrontan ao descoñecido en cada actuación e no que o público vive esa mesma improvisación ante o que vai ser sen sabelo.
“Brothers and sisters”, homes e mulleres que se irmandan nun acto case epifánico. Unha especie de liturxia que é a música en directo. Procedente de África, a cantante diríxese a unha certa comuñón entre homes e mulleres que deben vivir con respecto mutuo e coa convicción de ser, de deber ser parte diferenciada e igual dun todo que é a humanidade. E isto en forma de jazz e soul para dar conta ademais do carácter místico deste estilo que xorde en último termo dese mencionado continente. Si, música negra con compoñentes brancos que sen dúbida beben das raíces máis ancestrais sen deixar de ser contemporánea.
Se nos perdemos pola urbe de Nova York con certeza atopariamos un concerto destas características.
Foto: Cf. Festival Noroeste – Estrella Galicia 2016
You might also like
More from Crónicas
Adeus, ti, Ponte Nafonso I por Ramón Blanco
"En la ingeniería civil la seguridad estructural está en lo más profundo de su identidad, por lo que no puede admitir …
À noite, o vazio | Kerley Carvalhedo
Era o início de uma habitual madrugada, e estava prestes a terminar um texto que entregaria na manhã seguinte para …