Libros libres de dereitos, aproximadamente de 2.000.000 dispón Google actualmente. A máquina anda sobre os 100.000 $, que baixarán en canto se popularice. 4 minutos é o tempo que tarda en imprimir un libro en tinta negra con capa a cores (levarán o logo de Google e un deseño moi simple de portada, aventuro eu, así Google terá publicidade no mundo real cun custo moi reducido). O custo de impresión está nos 3 $, outros 3 $ irán para Google e aconsellan á libraría que non cobren o libro por riba dos 8 $, o que lles deixa 2 $ nun libro de 300 páxinas. Unha soa máquina pode imprimir 60.000 libros ao ano, 120.000 $.
Onte falamos con Luis Collado, director de Google Books España en Interliteral. Preguntoámoslle cando unha editora podería asinar un contrato con Google Books para ofrecer o seu catálogo en liña aos lectores, para ler desde calquera dispositivo conectado á rede, partillar as nosas notas con outros lectores ou socios do clube, etc. A súa resposta foi que non era preciso agardar ningún prazo, que era cuestión de falalo e chegar a un acordo.
Evidentemente non temos unha editora, así que non faremos tratos con Google neste sentido polo menos mais se eu tivese unha editora pensaríao seriamente.
Tamén falamos con Luis Collado sobre Google Books e os libros escritos en galego e sobre a tradución dos Google Gadgets para o galego mais iso vai ficar para unha próxima anotación porque debo prestar atención agora ao relatorio en curso para seguir contándovos o que se coce por aquí.
Google Books… ahora, a medida · ELPAÍS.com
Tati Mancebo (escribindo desde Interliteral, Xaén)
You might also like
More from Livro electrónico
Do Calepino ao Ipad en catro minutos
No día do libro non quixen deixar de ofrecer como humilde contributo a miña propia experiencia de lectura, no extenso …
“Ensinar literatura”, curso da UDC
O xoves estaremos no Reitorado da USC promovendo un diálogo sobre os recursos dixitais que a literatura xa non pode …